Entidades educativas de Galicia, Cataluña e Euskadi apostan pola "construción da soberanía educativa"

Realizaron o primeiro acto do evento Galeusca pola diversidade lingüística e cultural no ámbito educativo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/06/2022 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

O auditorio do compostelano Museo do Pobo Galego acolleu este sábado o primeiro acto do evento Galeusca pola diversidade lingüística e cultural no ámbito educativo, organizado de forma coordenada polas Escolas de Ensino Galego Semente (Galiza), Ikastolen Elkartea (País Vasco) e La Bressola (Cataluña Norte).

Bandeira de galeusca (Cataluña, Euskadi e Galicia)
Bandeira de galeusca (Cataluña, Euskadi e Galicia) | Fonte: yinsenstudios.com

Primeiramente o apresentador, o poeta e improvisador Séchu Sende, ofreceu un repasso pola historia da relación galego-vasco-catalá, reivindicando a Tripla Alianza de 1923 preto do seu centenario como tamén o pacto de Compostela e o primeiro Galeusca de 1933 polo seu «espírito internacionalista» e a súa reclamación de «soberanía política».

Axiña, a xornalista e cineasta Comba Campoy leu a declaración conxunta das tres escolas, onde se recoñecían «iniciativas educativas populares, autocentradas nas nosas realidades nacionais, promotoras da renovaçom pedagóxica, laicas e sen fins lucrativos». Nos seus cinco puntos, a declaraçom reclamaba para o «ámbito educativo» a eliminación das «restriçons lingüísticas», o recoñecemento das «nosas culturas», o «cumprimento integral da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias», o cese da «ingerência dos Tribunais españois e franceses na planificaçom lingüística dos nosos sistemas educativos» e a «construción de soberanía educativa plena nas nosas naçons». Procedeuse, a seguir, coas intervençons das escolas.

O lehendakári das Ikastolen Elkartea, Koldo Tellitu, lamentou a actual fraqueza da defensa da lingua nun ámbito educativo vasco «insuficiente» na tarefa de «euskaldunizaçom». Canto ao pacto alcanzado por 90% de forzas políticas vascas para a elaboraçom dunha nova lei educativa, dixo ser umha boa noticia, «imprescindíbel», mais aínda menor do necesario. 

Coincidiu Eva Bertrana, directora de La Bressola, na crítica a aquel Estado, onde as escolas con maior incorporación de linguas distintas da francesa proibem comunicarse coas familias en catalám, mostrando aos nenos que «as cousas serias son en francés». Para alén do lingüístico, reivindicou a necesidade de renovación pedagóxica para a construción dun sistema de ensino de calidade.

O Coordinador Nacional das escolas Semente, Santiago Quiroga, sinalou o sistema galego de ensino público como axente desgaleguizador e propuxi como receita a «organizaçom popular», pondo como exemplo o caso da materia de Xeografía e historia da Galiza no ensino secundario, que as movilizaçons populares lograron manter no currículum. Insistiu na importancia de expandir o proxecto Semente a toda a xeografía nacional, mais tamén de tomar medidas para «galeguizar o ensino público». Acabou reivindicando umha «escola humanística e emancipadora»,

Entre as asistentes contábanse representantes da Associaçom Galega da Lingua, da Mesa pola Normalización Lingüística, do  C.S. A Gentalha do Pichel, da Facultade de Filoloxía da USC, da plataforma Compostela Aberta, da organizaçom Movemento Arredista e do Movemento de Renovaçom Pedagóxica Nova Escola Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta