Ferida unha muller en Ourense ao ser alcanzada pola caída dunha árbore

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Unha muller de 57 anos resultou ferida ao ser alcanzada por unha árbore que, debido ao seu estado de conservación, caeu ao chan no mediodía deste mércores en Ourense.

O suceso, segundo trasladou a Policía Local da capital provincial, tivo lugar ás 13,05 horas na rúa das Burgas. 

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

A vítima, unha turista de 57 anos anos, foi evacuada en ambulancia ao CHUO, onde permanece ingresada con prognóstico reservado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta