Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2022 | Actualizada ás 10:06
Un pequeno incendio rexistrado na madrugada deste mércores nun centro de maiores da localidade coruñesa de San Sadurniño finalizou sen feridos e sen risco para os residentes.
Así o informou o 112 Galicia, que indicou que o lume se produciu na cuberta dunha zona de ampliación das instalacións aínda en obras sobre as 4,30 horas deste mércores. Esta situación permitiu que durante a intervención dos servizos de emerxencias, os residentes puidesen permanecer nun salón, nunha zona afastada, e segura, sinalaron as mesmas fontes.
Pola súa banda, os Bombeiros do Eume ocupáronse de sufocar o incendio, que se produciu no tellado da ampliación en obras e nunha superficie de escasa extensión, apenas un metro cadrado, apuntou as mesmas fontes de emerxencias.
Os efectivos do parque comarcal de bombeiros apagaron o lume e comprobaron a boa calidade do aire co fin de garantir o benestar das persoas residentes. Así mesmo, ademais dos bombeiros, o 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero ninguén necesitou asistencia. Tamén se informou á Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.