O BNG desmárcase do acordo entre PP e PSdeG para renovar os consellos da CRTVG e Contas

O Bloque aduce á falta de "transparencia" no ente público como motivo dun rexeitamento que non impedirá que a proposta salga adiante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O BNG desmarcouse do acordo subscrito entre os grupos de PP e PSdeG para renovar os consellos de administración da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e do Consello de Contas, que será levado á próxima sesión do Parlamento de Galicia.

En todo caso, o rexeitamento da segunda forza na Cámara autonómica non impedirá que a proposta para os nomeamentos saia adiante, xa que populares e socialistas suman os escanos necesarios para alcanzar a maioría cualificada requirida. A postura do Bloque foi enunciada polo deputado Manuel Lorenzo nas roldas de prensa posteriores á reunión da xunta de portavoces, que configurou a orde do día da próxima sesión plenaria, última antes do parón estival.

Nela será sometida a votación a proposta subscrita entre PP e PSdeG para renovar dous asentos do consello de administración da CRTVG --Margarita López Blanco e Álvaro Alonso, ambos a proposta dos populares- e outras dúas vacantes no Consello de Contas por esgotamento de mandato --repiten Costantino Carreiras polo PP e Simón Rego polo PSdeG--.

Segundo o parlamentario nacionalista, a CRTVG "non cumpre coa lei" na actualidade, polo que o Bloque "non pode" apoiar unha renovación no ente público "se non vai acompañada cos mecanismos" para garantir a súa "pluralidade" e "compromiso coa ética xornalística". Neste sentido, lamentou que os socialistas desen o seu apoio aos populares e incidiu en que a "obrigación moral" da formación frontista é dicir 'non' a esta proposición.

En resposta, o viceportavoz do PP na Cámara Alberto Pazos Couñago remarcou que a situación na CRTVG é hoxe "a mesma que a que había hai un ano", cando o BNG si votou a favor á proposta de consello de administración que incluía un nome á súa elección. Por tanto, expresou que "ruboriza escoitar" ao BNG "falando da súa vontade de chegar a acordos". "Esta é a vontade de man tendida do BNG, (unha forza política) incompatible coa lealdade institucional", espetou Pazos.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta