Baltar rescata a Manuel Cabezas cara tentar derrotar a Jácome

Quere liderar un "proxecto de futuro e gañador" para que o PP de Ourense retome "o camiño a través do que se gobernou entre 1995 e 2007"

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/07/2022 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O exrexedor ourensán Manuel Cabezas, co aval de José Manuel Baltar, presentou este luns na sede do PP de Ourense os avais á súa candidatura á presidencia da agrupación local do partido na cidade, un paso previo para pugnar pola Alcaldía, tendo en conta que o máis habitual é que o líder local do partido sexa tamén o candidato nas municipais.

Segundo informa o PP nun comunicado, unha vez dado este paso, o precandidato expresou o seu agradecemento "ás bases, por expresar o seu desexo de que asuma a dirección do partido a nivel local", ademais da o "nove presidentes de distrito por trasladar na súa reunión do pasado 4 de xullo esta postura colectiva".

"Hoxe presento a miña candidatura para volver liderar o PP da cidade. Acepto este reto, e así llo trasladei aos presidentes de distrito na reunión que tivemos esta tarde", continuou Cabezas, despois de oficializar a súa precandidatura ao entregar os avais ao presidente do Comité Organizador do congreso local extraordinario, Jorge Pumar.

"Dei este paso adiante animado polo desexo de tanta xente, que me pediu que revitalice o partido a nivel local para que o partido poida volver ser o que foi nesta cidade", remarcou.

Cabezas avanza a súa vontade de liderar un "proxecto de futuro e gañador" para que o PP de Ourense retome "o camiño a través do que se gobernou a cidade entre 1995 e 2007, logrando esa transformación da cidade que moitos lembran e trasládanme, definíndoa como unha etapa de progreso e eficaz xestión municipal coa que os veciños senten identificados e orgullosos da súa cidade".

Manuel Cabezas saúda a Manuel Baltar no Parlamento.
Manuel Cabezas saúda a Manuel Baltar no Parlamento. | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta