Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2022 | Actualizada ás 17:17
Un home acusado de agredir sexualmente de maneira continuada a dúas menores --filla e irmá da súa exparella-- en Carballo, negou os feitos que se lle imputan e alegou que a denuncia está motivada "por vinganza da nai", en alusión á súa antiga noiva. "Xamais faría unha barbaridade así", declarou o procesado durante o xuízo celebrado este mércores na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.
Os feitos producíronse, segundo a acusación particular, ao longo do ano 2019 e ata febreiro de 2020, cando o acusado realizou "infinitos tocamentos" de índole sexual ás menores. Unha das implicadas, que declarou como testemuña durante o xuízo, explicou que accedía ás peticións sexuais baixo ameazas de que se non o facía "non ía volver a ver nunca" á súa familia.
CONDENAS
A acusación particular cualifica os feitos de delito continuado de agresión sexual a unha das menores, polo que pide 13 anos e nove meses de prisión; de delito continuado de abusos sexuais á outra afectada, polo que solicita cinco anos de cárcere; e de dous delitos de malos tratos psicolóxicos habitual a ambas.
"Quedaron suficientemente acreditados os feitos, non hai ningunha contradición nin ningún relato con aparencia de ser ficticio", puntualizou o avogado da acusación particular, Estanislao de Kostka Fernández, en declaracións a Europa Press. Fiscalía, pola súa banda, non ve delito nos seus escritos de conclusións provisionais. En canto á defensa, afirmou que o seu cliente é "absolutamente inocente" e por este motivo, solicita a libre absolución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.