Piden a dimisión de Miguel Filgueira como edil do BNG de Pontevedra polo seu aberto apoio ás touradas

O nacionalista dixo que “non vai renunciar á festa dos touros”. Galicia Mellor Sen Touradas lémbralle que o goberno do que forma parte declarou que non apoia esta festa española.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/08/2014 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

As declaracións do concelleiro de Sanidade Animal do Concello de Pontevedra, Miguel Filgueira, xustificando o seu apoio persoal á tauromaquia provocaron a reacción do colectivo Galicia Mellor Sen Touradas. Unha reacción que chegou logo das explicacións que tivo que dar o concelleiro tras outra denuncia do colectivo Gato Pirata, Comité Pro Animal A mariña.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

Os abolicionistas aseguran respectar a súa postura individual pero enténdena incompatible "coa súa presenza como edil dunha formación que rexeitou as corridas de touros en diferentes foros".

Son  profundamente nacionalista e de esquerdas, pero tamén abertamente taurino”, dixo Filgueira. "Non vou renunciar á festa dos touros", asegurou a pesares do evidente choque de posturas que supón con respecto ao ideario do BNG. "Cando entrei no Bloque xa era taurino; levo 35 anos asistindo a estes festexos", manifestou.

Por ese motivo  Galicia Mellor Sen Touriadas pide a dimisión de Filgueira como edil: "A postura da alianza é solicitar a renuncia como edil de goberno, e que se realice un exercicio de reflexión sobre a presenza de concelleiros taurinos nun goberno que declarou non apoiar a tauromaquia local", declarou o seu portavoz Rubén Perez.

Esta entidade pregúntase nun comunicado "que votaría" o concelleiro no debate dunha hipotética moción contra as corridas de touros en Pontevedra nun momento no que "miles de cidadáns xa piden a supresión do convenio" coa praza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

19 Artur

Quixera que alguén me respostase por que, para o BNG, "vale mais" o corno dun morlaco que o txotxitodouro da Tapón da Santamaria.....dígo-o polo de Dimitir ou Non Dimitir (ou Cambados versus Pontevedra)...

18 Doutor Moreno

A min tamén me gustan os Touros.....: cando os collóns do toureiro-torturador fican pendurados nun dos seus cornos, a xeito de adorno do nadal....ese dia durmo moito mellor!!!!!

17 anonimo

Acoso e derribo a Lores e ao BNG? Primeiro din que o BNG é pechado e que por iso perde votos. Agora é demasiado aberto e non pode ter de concelleiro a alguén que goste de touros... Eu non gostos de touros, mas só é isto o que fixo mal Lores en tantos anos? Pois cando vemos a cantidade de corruptos que pululan polos concellos... chapó para Lores. Algúns coas ansias que teñen de chegar ao poder sírvelle todo. As Mareas nacen para loitar contra as políticas do PP. A de Pontevedra para que nace? En fin. País, país

16 Calros

Disfrutar vendo como se tortura e sofre un animal é unha noxenta perversión humana. Facelo en público, consideralo un espectáculo, entregar cartos públicos á empresa promotora, proclamalo orgullosamente en público, mantelo como cargo representativo do Concello de Pontevedra revela a descomposición a que chegou o BNG. Fede que apesta, non chega con tapar o nariz!

1 Decencia

Entendo e comparto a túa opinión. Mais o que non entendo é por que se pide directamente a dimisión do concelleiro e non se pide, en troques, a dimisión de quen o meteu nas listas do BNG e o fixo membro do seu goberno.É dicir, Miguel Fernández Lores. Penso que el é o verdadeiro culpable e mais quen, sen dúbida, ten chantajeado a Xavier Vence e ao resto da dirección do Bloque. ,

15 Meghutoveraneos

Unha pregunta inocente. Disto das mareas e, sobre todo, da petición de demisión do concelleiro pro-taurino do BNG de Pontevedra, está a informar algo o Sermos Galiza? Só é unha curiosidade, non unha maldade.