Piden a dimisión de Miguel Filgueira como edil do BNG de Pontevedra polo seu aberto apoio ás touradas

O nacionalista dixo que “non vai renunciar á festa dos touros”. Galicia Mellor Sen Touradas lémbralle que o goberno do que forma parte declarou que non apoia esta festa española.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/08/2014 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

As declaracións do concelleiro de Sanidade Animal do Concello de Pontevedra, Miguel Filgueira, xustificando o seu apoio persoal á tauromaquia provocaron a reacción do colectivo Galicia Mellor Sen Touradas. Unha reacción que chegou logo das explicacións que tivo que dar o concelleiro tras outra denuncia do colectivo Gato Pirata, Comité Pro Animal A mariña.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

Os abolicionistas aseguran respectar a súa postura individual pero enténdena incompatible "coa súa presenza como edil dunha formación que rexeitou as corridas de touros en diferentes foros".

Son  profundamente nacionalista e de esquerdas, pero tamén abertamente taurino”, dixo Filgueira. "Non vou renunciar á festa dos touros", asegurou a pesares do evidente choque de posturas que supón con respecto ao ideario do BNG. "Cando entrei no Bloque xa era taurino; levo 35 anos asistindo a estes festexos", manifestou.

Por ese motivo  Galicia Mellor Sen Touriadas pide a dimisión de Filgueira como edil: "A postura da alianza é solicitar a renuncia como edil de goberno, e que se realice un exercicio de reflexión sobre a presenza de concelleiros taurinos nun goberno que declarou non apoiar a tauromaquia local", declarou o seu portavoz Rubén Perez.

Esta entidade pregúntase nun comunicado "que votaría" o concelleiro no debate dunha hipotética moción contra as corridas de touros en Pontevedra nun momento no que "miles de cidadáns xa piden a supresión do convenio" coa praza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

14 Lionardo

http://www.davidhammerstein.com/art...

1 Cousas veredes

Normal que gosten da "fiesta nacional", o PcE e IU son nacionalistas españois. E a Upg e o Bng de Pontevedra tamén! O que non sei é se se haberá contradicións ou será tan natural indo de nacionalistas galegos...

13 Podemos !!

Bloque Taurozarzuelista Galego

12 vergoña allea

O Bloque no concello de Pontevedra mantendo con diñeiro público a empresa privada promotora das touradas (pola porta de atrás, estilo PP), e o concelleiro do BNG descaradamente taurino e seguidor da tradición española só ten un nome: TRAIDORES AO NACIONALISMO GALEGO!!!

11 que putas son as hemerotecas

http://www.pacma.es/n/15003/izquier... http://www.pacma.es/n/14916/el_pres... http://www.davidhammerstein.com/art...

1 o poder pode co bloque

Que si, xa o sabemos, os de IU son españolistas de sempre, non enganan a ninguen. E os do BNG? Pois os do BLOQUE de PONTEVEDRA TAMEN! E iso fai dano, moito dano... E non hai taparrabos que o cubra! O do eterno Lores e o seu concelleiro taurino da noxo! Con ruas homenaxeando a garda civil! Ou con fontes inauguradas con La Roja en pantalla xigante, presidindo procesions ultracatolicas, chorando pola Panorama e negando a musica galega nas festas, con toponimos deturpados e ausencia de normalizacion no concello, con avenidas a Fraga... en Monforte por outro alcaldiño eterno do Beneguai! Non tedes decencia! E IU tampouco!

2 farto de pablemos

Se a xente o vota por algo será. Se cadra sabe gobernar para todo o mundo, e non só para uns poucos. E ollo, son antitaurino, pero ogallá tivesemos máis Lores na Galiza. O BNG do meu concello ten moito que aprender de Lores ou do alcalde de Monforte, e resto de partidos de esquerda igual.

3 mantido polo bloque doce

Se cadra ti es do PP e non o sabes! O teu modo de razonar ben sendo o dos beneficiados pola rede clientelar do PP, que sempre contestan "se o votan por algo sera", "son bos xestores", "o partido non mporta nas municipais"... De nacionalismo galego non hai nada onde se apoian as touradas ()ontevedra), nin onde se marxina o galego e homenaxean a La Roja (Monforte), de esquerdas tampouco onde hai empresas amigas e igrexa oficial, de democracia tampouco onde se entende que o alcalde ocupa un posto vitalicio... Faite mirar, que son tantas coincidencias co Partido Podre!

4 famento quere ser farto

Estamos contra a tauromaquia e damos cartos os promotores e ate declaramos entusiasmados coa barbarie como cargo publico. Estamos contra a corrupcion e ingresannos cheques de Vendex. Estamos contra as Sicavs e o sogro de Vence, o historico Camilo Nogueira, participa na de Luxemburgo. Estamos contra Gurtel e Filesa e montamos Carrumeiro. Estamos polo medio natural e autorizamos canteiras nos lugares emblematicos. Estamos polo control dos altos cargos e pola limitacion de mandatos e imos traballar para Dorribo, para San Jose ou eternizamos o noso posto de alcalde. Estamos pola recuperacion do galego e despois de gobernar manteñense os La, la, las... E ainda nos critican, somos uns incomprendidos!

10 mareado