Unha condutora queda suspendida no baleiro mentres aparcaba o coche nunha praia de Oleiros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2022 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros tiveron que intervir na tarde deste domingo para axudar unha condutora en apuros na Praia de Canabal e impedir que o vehículo no que viaxaba caese por un cantil.

Foi unha amiga da condutora a que avisou ao 112 sobre as 16.00 horas. Na súa chamada, pedía axuda para unha muller que estacionara o seu turismo nunha pequena cala, próximo a un cantil, e, debido á posición en que se atopaba, o vehículo corría risco de precipitarse. De feito, no momento da chamada, a súa condutora estaba a suxeitar os freos para evitar que o turismo escorregase, explica o 112.

Solicitouse entón a axuda dos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros, así como da Policía Local. A pesar dos nervios provocados pola tensión da situación, as persoas estaban en bo estado de saúde e o vehículo puido ser rescatado.

Praia de Canabal, Oleiros
Praia de Canabal, Oleiros | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta