Ratificada a condena contra un cura que abusou en 2006 dun menor ao que daba catequese en Avión

O sacerdote deberá abonar unha multa de 2.700 euros, ademais de inmenizar á vítima 3.000 euros en concepto de danos morais, e permanecer afastado dela durante un ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2022 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense emitiu unha sentenza na que se desestima o recurso de apelación interposto e se ratifica a condena contra un párraco que exerceu na localidade de Avión e que foi condenado por abusar sexualmente en 2006 dun neno --agora maior de idade-- ao que deu catequese.

Así o recolle o fallo xudicial, con data de 18 de maio de 2022, ao que tivo acceso Europa Press e que confirma que o sacerdote deberá abonar unha multa de 2.700 euros, ademais de inmenizar á vítima 3.000 euros en concepto de danos morais, e permanecer afastado dela durante un ano. Ademais, inhabilítaselle durante dous anos para o exercicio de calquera emprego ou oficio que implique contacto con menores.

O fallo, que asume a Audiencia, á vez que rexeita os argumentos da defensa, dá por probado que, no verán de 2006, o párroco preparaba á vítima, un neno de dez anos entón, para recibir o sacramento da Primeira Comuñón. As clases de catequeses impartíronse de forma individual na casa parroquial na que residía o condenado.

ABUSO SEXUAL

Durante o período que duraron as clases, engade que, en polo menos unha ocasión, o sacerdote recibiu ao menor en calzóns e, "con ánimo libidinoso", tocoulle as coxas e mesmo nunha ocasión os xenitais, mentres ambos estaban sentados no sofá.

Como consecuencia destes feitos, a vítima sofre trastornos psicolóxicos derivados de depresión, ansiedade e baixa autoestima, que lle causan "unha forte emocionalidade negativa e lle provocan sentimentos de indefensión, vulnerabilidade e perda de confianza nos seus semellantes".

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta