As gasolineiras critican as novas medidas de aforro enerxético porque lles vai facer perder cartos

Tras os beneficios millonarios rexistrados coa suba de prezos dos carburantes din que terán que gastar para evitar o despilfarro enerxético.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) mostrou o seu descontento co novo Decreto Lei, publicado no BOE este martes, sobre as medidas de aforro enerxético impostas pola UE que, consideran, suporalles un gasto extra a moitas gasolineiras.

Explican que a nova norma obrigará aos empresarios a levar a cabo obras nas tendas das gasolineiras para manter pechadas as portas cando estea en funcionamento o aire acondicionado ou a calefacción. A única maneira de cumprir, insisten, é a instalación de portas automáticas ou un brazo de peche automático ás portas manuais.

Isto suporá, continúan, "un novo desembolso que se suma aos anticipos que están a realizar con motivo das bonificacións ao carburante". Bonificacións que tivo que aprobar o goberno tras o gran aumento de prezos aos que as propias gasolineiras e grandes petroleiras someteron aos usuarios e que provocaron beneficios multimillonarios na conta das multinacionais petroleiras.

Tal e como apuntan nun comunicado, en moitos casos as gasolineiras dispoñen de aparellos de aire acondicionado centrado na tenda, afastado dos expendedores e se se sitúan a 27 graos, os empregados traballarán a máis de 30 graos toda a xornada.

A isto engaden que, a raíz do sistema de bonificacións, todos os usuarios deben pagar en tenda "e manter as portas pechadas en todo momento supón un problema adicional". "Tampouco axuda a esixencia por parte da Administración de acometer estes cambios con tanta prema. O Decreto Lei indica un prazo dunha semana para adaptarse ás novas normativas", lamentan ao falardunha norma imposta pola UE.

"INCOHERENCIA" DA ADMINISTRACIÓN

Aínda que a federación recalca que as estacións de servizo están dispostas a cumprir coas medidas de aforro e de eficiencia enerxética, consideran que "esta présa non é coherente coa lentitude coa que se están abordando as devolucións das bonificacións de 20 céntimos que as gasolineiras deben adiantar".

A este respecto, critican que na gran maioría dos casos as devolucións prodúcense un mes despois de realizar o adianto, "de maneira que o empresario convértese nun prestamista do Estado".

Imaxe dunha gasolineira
Imaxe dunha gasolineira | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta