O evento Trezeluzes suma outros dous "embaixadores" de luxo para a súa gala solidaria

O deseñador Roberto Verino e o artista urbano Diego As súmanse ao proxecto benéfico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O deseñador Roberto Verino e o artista urbano Diego As son as últimas incorporacións á lista de 'embaixadores' do evento solidario Trezeluzes, unha gala benéfica que este ano se celebrará o 15 de setembro en Oleiros, en favor da Fundación Meniños. Así, Verino e Diego As súmanse ao grupo de 'embaixadores' xa confirmados, entre os que están o músico Carlos Núñez, os actores Carlos Branco e Sergio Pazos, ou o exxogador de baloncesto Fernando Romay.

Precisamente, Carlos Núñez será un dos encargados de amenizar a velada do 15 de setembro na Leira Montesqueiro, e estará acompañado polo coro infantil e xuvenil Cantabile da Coruña.

Os asistentes á gala benéfica poderán degustar 13 creacións dos 13 chefs solidarios que participan no evento: Adrián Albino (Neno Curvo), Adrián Felípez (Faragulla), Alex Méndez (Cachivaches), Bea Sotelo (Illas Gabeiras), Bego Vázquez (Regueiro da Cova), Chefs Down Experience, Daniel López (O Camiño do Inglés), Diego Belo (Grupo Montesqueiro), Iago Pazos (Abastos 2.0), Iñaki Bretal (O Eirado), Manuel Costiña (Retiro da Costiña), Quique Vázquez (Terreo), e Xoán Crujeiras (Bido).

As entradas para poder asistir ao evento, que este 2022 celebra a súa cuarta edición, están dispoñibles dispoñibles na páxina web www.trezeluzes.es. O acceso está limitado a 300 persoas e un total de 200 invitacións estarán reservadas para os padriños, polo que tan só 100 poranse á venda de forma oficial a través da web.

Os actores galegos María Mera e Xosé Antonio Touriñán serán os condutores da gala solidaria, cuxa recadación se destinará integramente á Fundación Meniños en favor da infancia e a adolescencia.

Arquivo - O diseñaror Roberto Verino, embaixador do evento solidario Trezeluzes.. BRAIS LORENZO - Arquivo
Arquivo - O diseñaror Roberto Verino, embaixador do evento solidario Trezeluzes.. BRAIS LORENZO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta