Allariz pon en valor a apicultura

A vila do Arnoia celebrará a IV Feira dos produtos apícolas o sábado 3 de setembro. O evento pretende situarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 26/08/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A IV Feira dos produtos apícolas contará con 12 postos que xunto cos apicultores locais formarán un gran escaparate que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10:00  a 20:00 h.

María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo; Noela Torres, técnica de AGA; e Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente. Foto: Prensa Concello Allariz.
María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo; Noela Torres, técnica de AGA; e Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente. Foto: Prensa Concello Allariz.

O visitante poderá coñecer e mercar unha gran variedade de meles ademais dos diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole, e outros derivados do mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola. A intención da feira é afastarse da idea tradicional de mercado e amosar algo máis que os produtos da colmea.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Ás 13:00 h. desenvolverase unha actividade de degustación de produtos apícolas con produtos do Mercado da Reserva da Biosfera.

Ás 16:00.h. terá Lugar a presentación da delegación de AGA en Allariz.

Ás 17:00 h. farase a presentación do libro “Reprodución apícola” e Marcos Varela. Charla sobre a cria de Raiñas.

Ás 18:30 h. será a presentación da Delegación AGA mulleres de Galicia.

Ás 19:30 h. realizarase o sorteo de dúas cestas con produtos apícolas entre todas as persoas que participen mercando na feira.

A Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. O longo do ano AGA e Concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou a través de cursos de formación para o sector. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta