Baixan a menos de 1.400 os casos Covid en Galicia

Aínda hai dous pacientes en UCI e 126 hospitalizados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.373, deles 254 son da área da Coruña, 157 da de Lugo, 283 da de Ourense, 148 da de Pontevedra, 220 da área de Vigo, 204 da de Santiago e 105 da de Ferrol.

Unha enfermeira abre un test de antíxenos para realizar unha proba covid
Unha enfermeira abre un test de antíxenos para realizar unha proba covid | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 126 en unidades de hospitalización e 1.245 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 669.971 persoas curadas, rexistrándose 3.887 falecementos e hai 1.245 pacientes en seguimento nos seus domicilios

O número de PCR realizadas é de 3.972.967 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.725.653.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta