Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 16:09
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, avisa de que deberá chover de forma continuada "durante un mes" para que "se reverta esta situación de gravidade" de seca e así volver á "normalidade".
En declaracións este luns nun acto en Arteixo, a conselleira asegurou que estes "poucos días de choivas" son "benvidos", xa que "chegan como auga de maio". No entanto, a conselleira deixa claro que a situación de seca "segue sendo grave", polo que "esta choiva destes días non vai cambiar a situación", senón que só servirá para que a gravidade non se incremente.
Vázquez fixo un chamamento ás entidades locais e a cidadanía a continuar cun "esforzo de contención" e un consumo "responsable" de auga.
As máximas de choiva no que vai de luns en Galicia recóllense en Santa Comba (67,3 litros por metro cadrado), Vilanova de Arousa (60,9 l/m2) e Carnota (59,8 l/m2).
Galicia atópase afectada pola influencia de baixas presións que provocaron unha fronte con choivas que entran de oeste ao leste, co furacán Danielle que segue o seu movemento polo Atlántico cara ao nordeste.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.