Os viños galegos, os que máis aumentaron o seu valor en supermercados e hostalaría

Os viños galegos con denominación de orixe son os que máis incrementaron o seu valor a nivel nacional en alimentación e hostalaría no ano 2021.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

Os viños galegos con denominación de orixe son os que máis incrementaron o seu valor a nivel estatal en alimentación e hostalaría no ano 2021. Así o reflicte o informe 'O mercado español dos viños galegos: Alimentación e hostalaría', elaborado pola multinacional Nielsen en colaboración co Goberno galego e cos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas.

Viños tintos galegos Tintos galegos
Viños tintos galegos Tintos galegos

Deste xeito, o valor dos viños galegos aumentou no ano 2021 un 9% con respecto ao 2020 e máis dun 15% con respecto ao prezo do 2019, na canle da alimentación. Este dato converte Galicia na líder neste campo, cunha vantaxe significativa con respecto a outros territorios.

Ademais do prezo de venda, Galicia tamén lidera o prezo de compra por parte dos establecementos hostaleiros. Máis concretamente, o viño con denominación de orixe galega tivo de media no 2021 un crecemento superior ao 1,5% con respecto ao prezo do 2020 e do 5,2% con respecto ao prezo que tiña no ano 2019.

Ademais, os viños con DO de Galicia experimentaron, en conxunto, un incremento de vendas do 0,9% entre os anos 2020 e 2021. A maiores, na canle de alimentación, o prezo medio dos viños galegos situouse por enriba do resto de comunidades autónomas. En hostalaría, o crecemento foi dun 21,8%, cun incremento dos prezos máis moderado que en alimentación.

No estudo tamén se recolle a evolución da repartición das vendas de viño con DO de Galicia na hostalaría e na restauración. Neste sentido, apréciase un incremento da porcentaxe de venda na canle de alimentación (pasouse do 39,9% no 2019 ao 52,8% no 2021).

Os viños galegos con DO conseguiron no ano 2021 unha cota de mercado no ámbito estatal (dentro do sector da hostalaría) do 8,1% en canto ao volume de vendas e do 9,7% en valor. Situáronse, así, por enriba de territorios como Cataluña, Aragón, Navarra ou Castela a Mancha, sendo unicamente superados por Castela e León e A Rioxa.

Por denominacións de orixe, destaca a posición estatal de Rías Baixas, tamén na canle de hostalaría, que consegue o 3,9% do volume de vendas e o 5,1% en valor, superando a territorios de gran tradición vitivinícola como Navarra, Somontano ou Cariñena, e sendo unicamente excedida por Rioja, Ribera del Douro ou Rueda. Pola súa banda, a DO Ribeiro consegue unha cota do 1,6% neste campo, tanto en volume como en valor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta