Yolanda Díaz: “Gustaríame que BNG e Podemos participen do cambio”

A líder de EU destaca que Podemos supón “unha oportunidade máis” para derrotar ao bipartidismo. Destaca que Beiras, como Julio Anguita, “morrerá coas botas postas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/09/2014 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A coordinadora xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, volveu insistir esta fin de semana na necesidade de que os partidos da esquerda e nacionalistas formen parte do que xa se deu en chamar as mareas.   "Gustaríame que todas esas forzas, chámense BNG, Podemos ou como se chamen, formen parte desa onda de cambio que xa está nas nosas portas", suliñou.

rolda de prensa de Beiras e Yolanda Díaz
rolda de prensa de Beiras e Yolanda Díaz | Fonte: V.C.

Nunha entrevista na Radio Nacional España (RNE), insistiu na necesidade de que "todas as forzas rupturistas" se unan nos videniros comicios municipais para "superar aos partidos do réxime", en alusión a PP e PSOE.   "Estamos a xogarnos concitar a participación da maioría social e derrotar democraticamente o bipartidismo e acabar con esta segunda restauración. A cidadanía está cansada de que gobernen para unha minoría", apuntou.

Por iso, apostou por un pacto forte entre as formacións “rupturistas” e non pactos “de mesa-padiola". “É imprescindible que todas as organizacións colaboren para o proceso de enorme transformación que se vai vivir na próxima primavera”, dixo.

Neste sentido, mostrouse convencida de que nas próximas eleccións "haberá cambios" en todos os gobernos das "grandes cidades" de Galicia. "Estou convencida de que se as forzas rupturistas traballamos correctamente superaremos aos partidos do réxime", insistiu.

Díaz asegurou que nestes comicios, Podemos supón "unha oportunidade máis”. "É a primeira vez na historia que as forzas rupturistas teñen a posibilidade de gañar, cousa que sabe perfectamente o poder", dixo. “De aí veñen os intentos de Feijóo e Rajoy de dar golpes de estado, a través das súas reformas electorais", engadiu.

Yolanda Díaz, líder de EU
Yolanda Díaz, líder de EU

Sobre os problemas de saúde de Xosé Manuel Beiras, a líder de EU destacou que o portavoz de AGE seguirá ao pé do canón. "Beiras, do mesmo xeito que Julio Anguita, van morrer coas botas postas, van seguir achegando ao debate da esquerda", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

1 Graciñas pero non

E logho...o Mesias e o falanxista Anguita durmen na cama coas botas postas? Porque aquí os unecos que morremos coas botas postas no tallo somos os traballadores que temos a "sorte" de traballar, por un soldo miserento. Unha falla de respecto aos que non cobramos 3.000 euros ao mes por non ir ao teatro burgués parlamentario.

1 José

Sobre o "falanxismo" de Anguita: http://www.youtube.com/watch?v=Vh3c...