Sada pide a "inmediata" presentación da demanda sobre a titularidade dos bens mobles de Meirás

"Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico", instan desde o Concello ao Goberno estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2022 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

O Concello de Sada volveu a solicitar ao Estado a "inmediata" presentación da demanda de titularidade dos bens mobles do Pazo de Meirás. Segundo lembran nun comunicado, o Franco presentaron recurso contra o Auto do Xulgado sobre a execución dos mobles do Pazo e solicitaban retirar "todos os mobles que non foron obxecto do incidente do Estado", pero que o municipio considera "que debe permanecer dentro do Ben de Interese Cultural e que deberían ser de titularidade pública".

"Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico", instan o Goberno estatal a presentar a demanda da titularidade, "que debería incluír a solicitude de medidas cautelares que impidan a retirada dos bens que o Estado non reclamou".

Sobre isto, piden incorporar o informe pericial realizado por Manuel Pérez Lorenzo, no que se acredita a orixe, a permanenca e destino ao servizo da xefatura do Estado tanto dos procedentes de Pardo Bazán como dos incorporados polo Estado desde 1938 e ata 1975; "bens todos eles que gozan da condición de dominio público e, por tanto, propiedade do Estado".

Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press
Pazo de Meirás. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta