Extinguido un pequeno incendio no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Ocorreu na parroquia da Pereira, en Entrimo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/09/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal na parroquia da Pereira, no municipio ourensán de Entrimo, tras queimar 0,2 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Arquivo - Un membro das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un membro das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF). Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Segundo trasladou a Xunta, o lume iniciouse sobre as 16,50 horas deste luns e pasadas as 18,30 foi dado por apagado. Afectou a apenas 0,2 hectáreas de monte raso.

A Consellería lembrou que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta