O BNG pide crear un "verdadeiro" servizo ferroviario de proximidade na liña de ancho métrico

A formación nacionalista esixiu a ampliación, de forma permanente, dos servizos desa liña e "non só" para axilizar e facilitar a mobilidade ao público que acode ao Festival Internacional de Ortigueira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Nétor Rego, denunciou o desmantelamento do servizo ferroviario na liña de ancho métrico e esixiu convertelo nun "verdadeiro" servizo de proximidade.

Para iso, Rego puxo como exemplo o "mal estado" da zona de acceso á estación de Xuvia no municipio coruñés de Narón e o recorte do persoal de atención para o control de acceso e venda de billetes.

Desta forma, a formación nacionalista esixiu a ampliación, de forma permanente, dos servizos desa liña e "non só" para axilizar e facilitar a mobilidade ao público que acode ao Festival Internacional de Ortigueira.

"A pesar de ter un gran potencial para a comunicación eficaz entre as distintas poboacións da comarca, o Goberno do Estado desenvolve un proceso de desmantelamento dos servizos coa modificación dos horarios e diminúe o persoal de atención para o control de acceso e venda de billetes", denunciaron os nacionalistas.

Rego tamén remarcou a situación de "abandono e desmantelamento" no mantemento das instalacións e os arredores da estación de Xuvia, na cal afirmou que "se rexistraron danos en vehículos e picadas polo mal estado da estrada".

Así, o BNG informou que ante esta problemática o Concello de Narón indica que a propiedade dos terreos pertence ao Goberno Central, mentres que este defende que a PXOM recolle que a competencia é municipal, segundo lembra a formación nacionalista.

OUTRAS DEMANDAS

Nesta liña, Rego demandou converter a liña de ancho métrico Ferrol-Ribadeo nun "verdadeiro servizo" de proximidade competitivo e adaptado ás necesidades das persoas usuarias.

"Hai que apostar polo incremento de frecuencias axustadas ás necesidades de desprazamento da poboación, adecuándoas aos horarios laborais ou de estudo dos cidadáns", afirmou do deputado parlamentario do BNG.

Tamén incidiu en "apostar" por manter o persoal de atención para o control de acceso á venda de billetes, xa que debido a esa "falta de atención, hai "moitos viaxeiros que non son contabilizados ao utilizar o servizo sen billete, dato que logo é utilizado polo Goberno para legar a falta de rendibilidade da liña", remarcou Rego.

O deputado do BNG no Congreso, Nétor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Nétor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta