Localizan e sanean puntos de vertedura de augas residuais na Coruña e Cangas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia eliminou un punto de vertedura de augas residuais ao mar nos arredores do porto de San Pedro de Visma, no municipio da Coruña. Os técnicos do Plan de Control de Verteduras, de Augas de Galicia, detectaron o foco durante traballos rutineiros de inspección que o persoal levaba a cabo na demarcación Galicia-Costa.

O punto atopábase nunha rede de pluviais da zona e, a través de varias analíticas, confirmouse a presenza de contaminación de orixe fecal.

Augas de Galicia solicitou entón ao Concello da Coruña a execución das intervencións necesarias para acabar co foco. Detectáronse durante os traballos varios contaminantes: por unha banda, augas residuais domésticas procedentes dunha vivenda unifamiliar e, por outro, augas residuais dunha fisura no colector de saneamento municipal, que derivaba parte desas augas cara á rede de pluviais.

Nunha nova inspección á zona, verificouse a emenda da vertedura.

VERTEDURA AO RÍO ORXAS

Por outra banda, tamén se detectou unha vertedura ao río Orxas, en Cangas, pola deterioración dalgúns tubos no edificio de Seguridade Social en Aldán. Segundo explican nun comunicado, tras identificar nun muro preto do centro de saúde e no tramo do río que vai por baixo do viario, os servizos de inspección consideraron que a vertedura podería proceder do saneamento do edificio lindeiro, o de Seguridade Social.

Procederon entón ao levantamento da beirarrúa para acceder aos desaugadoiros do edificio. Foi entón cando descubriron unha balsa de auga acumulada polo esborralle dunha tubaxe que, ao estar sobre area, drena con facilidade ata chegar ao río.

Vertedura
Vertedura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta