Case un mes para trasladar 165.000 toneladas de carbón de Ferrol cara As Pontes

O traslado do mineral por estrada comezará o vindeiro luns, tras arribar un barco grego ao porto esterior cheo deste mineral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2022 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Un buque de bandeira grega --'Marijeannie'--, que transporta nas súas adegas 165.000 toneladas de carbón con destino á central térmica das Pontes, quedou atracado sobre as 7,00 horas deste venres no Porto exterior de Ferrol, no peirao de descargas de Endesa.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, ao longo da xornada iniciaranse as tarefas de desestiba e o vindeiro luns, día 17, comezará o seu traslado por estrada ata as instalacións da empresa eléctrica nas proximidades do complexo eléctrico.

En concreto, estímase que serán entre 6.000 ou 7.000 toneladas diarias a que serán levadas por estrada polo colectivo de transportistas encargado destas tarefas. Unhas tarefas que durarán 25 días.

MÁIS CHEGADAS

Ademais, fontes consultadas trasladaron que durante o que resta de ano está previsto que cheguen ao porto exterior de Caneliñas máis buques con este mineral para posteriormente ser utilizado nos dous grupos da central térmica de Endesa que aínda están operativos.

Este paso darase despois de que o Ministerio de Transción Ecolóxica autorizase hai unhas semanas o peche dos outros dous, quedando así limitado a potencia deste complexo aos 700 megawatts (MW).

Os camións do carbón da central de Endesa nas Pontes bloquean os accesos.
Os camións do carbón da central de Endesa nas Pontes bloquean os accesos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta