Detido un veciño de Boiro por vender droga nunha escola unitaria que ocupara ilegalmente

A investigación comezou tralas queixas pola "constante trasfega de persoas drogodependentes" nas inmediacións da Escola Unitaria San Mauro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Un veciño de Boiro foi detido pola Garda Civil nun operativo que permitiu o desmantelamento dun punto de venda de estupefacientes situado nunha escola unitaria ocupada ilegalmente.

Diso informou este martes o Instituto Armado, que iniciou unha investigación no mes de setembro por mor das queixas recibidas nas dependencias da Garda Civil de Boiro pola "constante trasfega de persoas drogodependentes" nas inmediacións da Escola Unitaria San Mauro.

Os axentes comprobaron que unha persoa, coñecida na zona polas súas actividades ilícitas, ocupara as instalacións desta escola, que empregaba como lugar para vender estupefacientes.

Unha vez lograda a autorización xudicial para o rexistro, os garda civís procederon ao rexistro do inmoble, onde se incautaron de 87 dose de heroína e 84 de cocaína listas para a venda, oito gramos de marihuana, case 35 gramos de corte e máis de 440 euros en moeda fraccionada, así como básculas de precisión, teléfonos móbiles e numerosos envoltorios plásticos.

O presunto responsable do punto de venda de droga foi detido como autor dun delito contra a saúde pública.

Droga, diñeiro e obxectos intervidos pola Garda Civil na desarticulación dun punto de venda de droga en Boiro (A Coruña). GARDA CIVIL
Droga, diñeiro e obxectos intervidos pola Garda Civil na desarticulación dun punto de venda de droga en Boiro (A Coruña). GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta