Vence acusa de "malversación e corrupción" a círculos do PP

O portavoz nacional do Bloque relaciona a Operación Zeta con cargos populares coruñeses. PSdeG e o BNG preguntarán aFeijóo por esta fraude e AGE polo “carrexo” de votos en Lugo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/10/2014 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, foi este martes claro e directo sobre a última operación contra a corrupción, a coñecida como Operación Zeta. “Amosa malversación de fondos públicos e corrupción absoluta nos círculos do Partido Popular na Coruña", dixo.

Xavier Vence, líder do BNG
Xavier Vence, líder do BNG

Así, suliñou que tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, "teñen moitas explicacións que dar sobre os usos dos fondos para formación ocupacional". "Deben dicir por que cando a investigación por parte da Comisión Europea en 2012 non se sustanciou en dimisións xa en 2012 e por que esperaron a finais de 2014 cando se pediu moito antes a declaración do señor -Odilo- Martiñá", o recentemente cesado director xeral de Traballo da Xunta, salientou.

Comisión de investigación

En declaracións aos medios na Coruña, Vence pediu unha comisión de investigación para estudar "en profundidade" e "a fondo" todo o que sucedeu cos fondos presuntamente malversados. "O caso de Crespo na Coruña é só a punta do iceberg. Mostra malversación de fondos e corrupción absoluta dos círculos do Partido Popular na Coruña, dos amigos de Romay-Beccaría -presidente do Consello de Estado- e a Conselleira de Traballo", engadiu.

O uso a través dos circuítos privados moi ligados ao PP é un caldo de cultivo para a corrupción e as redes clientelares do partido", dixo ao referirse á presunta fraude nos cursos de formación destapados na operación Zeta. Trátase dunha causa xudicial que revelou unha suposta fraude masiva de diñeiro público en cursos formativos que non se executaron tras ingresar a subvención.

Xavier Vence, nun acto político
Xavier Vence, nun acto político | Fonte: BNG

De tanta gravidade considera a oposición que é esta operación pola súa relación co PPdeG que, tanto o BNG coma o PSdeG preguntarán a Núñez Feijóo na sesión de control ao Goberno por esta fraude.

O grupo nacionalista interpelará, ademais, a Beatriz Mato polo cesamento do director xeral de Traballo e a súa relación con esta causa.  Núñez Feijóo, ademais, deberá responder o seu compromiso coa rexeneración democrática a preguntas de AGE en relación ao "modus operandi" do seu partido, "o carrexo" de votos que xa está nos xulgados de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Comunista

Menuda cara dura teñen os do PsoE e o seu apéndice "regional" o BnG acusando o Pp cando están os tres igual de pringados nos casos de corrupción como Pokemon ou Campión. Pp, PsoE e BnG son a casta corrupta en Galiza.

7 eusi

Que análise tan sisuda dun economista convertido en marioneta...Grazas por amosárnola luz, faro e guia de Galiza, até o desastre

6 Ermitas

Que tal con Vendex Sr Vence. http://www.laopinioncoruna.es/corun...

1 Beirix

Curioso que salga hoxe esta nova despois de que o BNG denuncie os casos de corrupción. Calquer persoa con coñecementos xurídicos sabe que de Lara non ten moito que facer, iso si só saír na prensa.

5 Nandiño

Sr Vence: A cambio de que o BNG-UPG apoiou a Reganosa?

1 Anova Bankia

Pregúntalle a Beiras que era quen mandaba daquela. http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

2 Nandiño

Paco Zarzuelas despois de reunirse con Tojeiro tomou esta decisión: http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

4 Spidercan

Non tenhen moito que dicer. O PP tinha que estar ilegalizado hai moito tempo. Pero son a viga mestra da arquitectura políticas espanhola, xunto co PSOE, UPD, PODEMOS, COPE, SER e últimamente moito ONDA CERO coas súas emisoras musicais. Daí que non o fagan ilegal. É como ilegalizar o exército, o rei, etc.