Vence acusa de "malversación e corrupción" a círculos do PP

O portavoz nacional do Bloque relaciona a Operación Zeta con cargos populares coruñeses. PSdeG e o BNG preguntarán aFeijóo por esta fraude e AGE polo “carrexo” de votos en Lugo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/10/2014 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, foi este martes claro e directo sobre a última operación contra a corrupción, a coñecida como Operación Zeta. “Amosa malversación de fondos públicos e corrupción absoluta nos círculos do Partido Popular na Coruña", dixo.

Xavier Vence, líder do BNG
Xavier Vence, líder do BNG

Así, suliñou que tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, "teñen moitas explicacións que dar sobre os usos dos fondos para formación ocupacional". "Deben dicir por que cando a investigación por parte da Comisión Europea en 2012 non se sustanciou en dimisións xa en 2012 e por que esperaron a finais de 2014 cando se pediu moito antes a declaración do señor -Odilo- Martiñá", o recentemente cesado director xeral de Traballo da Xunta, salientou.

Comisión de investigación

En declaracións aos medios na Coruña, Vence pediu unha comisión de investigación para estudar "en profundidade" e "a fondo" todo o que sucedeu cos fondos presuntamente malversados. "O caso de Crespo na Coruña é só a punta do iceberg. Mostra malversación de fondos e corrupción absoluta dos círculos do Partido Popular na Coruña, dos amigos de Romay-Beccaría -presidente do Consello de Estado- e a Conselleira de Traballo", engadiu.

O uso a través dos circuítos privados moi ligados ao PP é un caldo de cultivo para a corrupción e as redes clientelares do partido", dixo ao referirse á presunta fraude nos cursos de formación destapados na operación Zeta. Trátase dunha causa xudicial que revelou unha suposta fraude masiva de diñeiro público en cursos formativos que non se executaron tras ingresar a subvención.

Xavier Vence, nun acto político
Xavier Vence, nun acto político | Fonte: BNG

De tanta gravidade considera a oposición que é esta operación pola súa relación co PPdeG que, tanto o BNG coma o PSdeG preguntarán a Núñez Feijóo na sesión de control ao Goberno por esta fraude.

O grupo nacionalista interpelará, ademais, a Beatriz Mato polo cesamento do director xeral de Traballo e a súa relación con esta causa.  Núñez Feijóo, ademais, deberá responder o seu compromiso coa rexeneración democrática a preguntas de AGE en relación ao "modus operandi" do seu partido, "o carrexo" de votos que xa está nos xulgados de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 alexandre dadas

AGE en relación ao "modus operandi" do seu partido, "o carrexo" de votos que xa está nos xulgados de Lugo.

2 alexandre dadas

AGE en relación ao "modus operandi" do seu partido, "o carrexo" de votos que xa está nos xulgados de Lugo.

1 ADIANTE CO BNG

namentras a inmundicia de age$ andan a labazadas entre eles, E NON SOAMENTE NA RENOVA en izquierda os fios dos coitelos xa estan preparados para rebanar pescozos de orella a orella en madriles mesmo a dirección de izquierda unida plantexa non presentar candidato a alcalde!!!! o bloque traballa con forza polos galegos e por Galiza soamente podemos decir unha cousa VIVA O BNG E VIVA VENCE

1 iso

De acordo.

2 límico

VIVA O BNG, e todas aquelas persoas que o compoñen. O BNG somos aqueles galegos e galegas que creamos esta "ferramenta" cun obxectivo claro: DEFENDER OS INTERESES DE GALIZA alí onde sexa necesario.