Detida en Cambre a presunta autora dun furto nunha gasolineira

Esta persoa xa fora detida en numerosas ocasións pola Garda Civil por feitos similares, especialmente por delitos contra o patrimonio, moitos dos cales foran cometidos co mesmo modus operandi en gasolineiras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto Principal de Cambre volveu a deter unha muller como presunta autora de delitos de furto no interior de Estacións de Servizo de todo a área da Coruña.

Os feitos ocorreron, explica a Garda Civil nun comunicado, por mor da denuncia interposta polo responsable dunha estación de Servizo en Cambre, na que manifestaba que lle subtraeron unha importante cantidade de diñeiro da caixa rexistradora e levaron a carteira dunha das traballadoras da estación.

A consecuencia destes feitos a Garda Civil iniciou un dispositivo de vixilancia para a identificación dos autores dos feitos, que deu como resultado a detención da muller o pasado día 15.

Esta persoa, recalcan, xa fora detida en numerosas ocasións pola Garda Civil por feitos similares, especialmente por delitos contra o patrimonio, moitos dos cales foran cometidos co mesmo modus operandi en gasolineiras, onde aproveitando a distracción do persoal cando saían a encher algún vehículo, substraía todo o diñeiro da recadación en caixa, así como abundantes productos expostos para a venda ao público.

Apuntan que podería ter recollido un botín superior aos 7.000 euros nos últimos meses. A detida, xunto ás dilixencias instruídas, pasou a disposición xudicial, decretando o seu ingreso en prisión.

Axente da Garda Civil de costas.. GARDA CIVIL
Axente da Garda Civil de costas.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta