Unha batalla que chega a Galicia

Os problemas que tivo o PP para pechar as listas e que remataron co anuncio de Gallardón de deixar este partido tamén chegaron a Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/01/2008 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

38 Bule bule

"Por certo, o teu argumento do voto inútil cae por un sitio moi fácil:
Resultados do BNG en:
Xerais do 2000: 18%
Xerais do 2004: 12%
Balance: baixada de seis puntos."
Imos ver Óscar, baixada de 6 puntos. Moi ben, rapaz. Que pasou no 2004??? 200.000 persoas de máis se acercaron a votar e 50.000 persoas fixeron o voto inútil. Creo que o expliquei. Creo que iso fai baixar a porcentaxe de votos, non cres?? Ti cres que esas 150-200 mil persoas volverán a acercarse a votar socialista?? Ti cres que esa xente que votou o BNG volverá a vota-lo PSOE?? Pode que algunha...pero non 50.000. Eu estarei coa teima do 50 %, pero ti segues basándote en datos do 2004 que nin os socialistas se cren que foran tan bos.

Autonomicas do 2001: 25%
Autonómicas de 2005: 19%
Balance: baixada de seis puntos.
Que pasou? Cambio dun líder carismático, Beiras, a outro non tanto. Sempre pasa iso. e ti, coma socialista, deberías sabelo (Felipe González por Almunia). :D
Mentras que para Quintana era a súa primeira aparición en serio (moita xente nin sequera o coñecía), Touriño xa tiña feito os deberes.

"¿E non será que o BNG está a facer as cousas MAL pero non o quere recoñecer porque non teñen autocrítica e cren que son os únicos que traballan por Galiza?"

Sempre se pode facer mellor. O que pasa e que non teñen tanto autobombo como lles pasa o PSOE. O PSOE (e o PP tamén) leva metendo cuñas publicitarias, carteis, etc, dende hai meses. Así calqueira.
Espero ansiosamente que me digas quen está a traballar tamén por Galicia ademais da xente do bloque. Por que non sei se te refires os do PP ou os do PSOE. Por que se lles poñes o micro te dirán o mesmo. Pero os feitos, falan. Aínda me sorprendo cando me entero pola prensa que unha persoa foi deputada polo PP/PSOE ó cabo de 4 anos. ¿Por certo, non te referirás a Rajoy, non?? Seguro que cando veña este descastado, o presentan dicindo que "leva 20 anos traballando por Galicia".:D

En fin, coma se di, e teñen toda a razón, a única enquisa válida e a do 9 de marzo. :)

37 Bule bule

"Dubido moito que os vigueses pensen en Caballero cando teñen que elixir entre Zapatero e Rajoy."

Chegaches a unha cousa que eu quería. A gran mentira do PP e do PSOE. Chegará a campaña electoral, e nos bombardearán con iso de "Vota Rajoy" ou "vota Zapatero (ou Z, ou ZP, a saber)". Non hai ningún vigués que vaia votar a ningún dos dous. Iso para empezar. Se ti colles as papeletas en Galicia, non aparecerá por ningures nin Rajoy nin Zapatero. Senón uns homes e mulleres os que non se lle piden nada máis que saiban apreta-lo botón cando se lles ordea. Eu votarei polos meus representantes. Ti votarás a uns que se esconden detrás dos carteis duns individuos que se presentan por Madrid a 600 km de distancia, por que non teñen nada que ofrecer por si mesmos. Así nos luce o pelo en Galicia. Os mesmos canes pero con distintos collares.

No tema da vivenda, non me dis nada que eu non saiba (estou traballando nun sector que está moi contacto co mundo da construcción). O ritmo do 15 % de suba era insostenible. O que pasa agora simplemente é que hai demasiada oferta para moi pouca demanda. Chegouse a a un nivel de saturación tal que non hai quen venda un piso (nin a persoas da rúa nin a inversionistas). O que está a pasar agora, con estancamento dos prezos e incluso con baixadas, perdoa, pero dame a sensación de que lle estás dando as grazas ó goberno do PSOE. Espero entender mal ou polo menos que fora un chiste teu. Recórdoche que a ministra de vivenda era a máis impopular do goberno. Un ministerio sen apenas competencias, creado para a dar a sensación de que se estaba facendo algo. Que fixo nese tempo?? Promocionar e vender unhas zapatillas para que a xente non se desgastase a sola dos zapatos buscando piso. En fin, a baixada dos prezos da vivenda, foi polo mercado, non grazas ó goberno. Desgraciadamente (e isto o din publicacións internacionais) é que o tremendo crecemento vivido por España nestes anos (incluso ese 3 % do que estás tan orgulloso) foi gracias o empuxe da construcción. Dime Óscar, que sector en España vai sustituir á construcción para que siga crecendo ese 3 %?? E aínda por riba, o petróleo segue a subir, o que vai tirar para abaixo o crecemento. Que di o PSOE sobre isto? Ó PP máis ou menos igual.
O tema do leite, e a barra pan o dixen para amosar o que está a pasar. "Eu en setembro compraba o leite a 0,62€ e agora cómproo a 0,68€. E o pan (barriña pequena) váleme 0,25€ cando en setembro custábame 0,22€."
Polo que vexo, ti ves normal en 3 meses que suba o leite un 10 % e a barra de pan un 14 %. Pois entón non sei de que te queixas de que a vivenda suba mais dun 10 % anual. Desgraciadamente, sofres a falta de coherencia dos que apoian o PP e o PSOE. Esa suba dun 10 % nun caso e do 14 % doutro, che parecería normal se gobarnase o PP?? Seguro que non. E con isto das incoherencias, enlazamos coa 2º parte.
Hai uns anos, o PSOE estaba coa teima de "En Galicia o PP leva xa moito tempo gobernando" ,"O PP leva 25 gobernando Galicia", que si cambio para aquí, que si cambio para alá. O curioso é que esto se podería aplicar o PSOE en Extremadura, Andalucía e Castilla-La Mancha non cres?? ;) Se aquí o PP se mantivo co caciquismo, interpreto que alí pasa o mesmo, pero o revés non Óscar?? :D
Imos ver Óscar, ti puxeches 47 % PSOE e 36 % PP. Moi ben, vexamos:
Comunidades onde o PP supera o PSOE: Madrid, Valencia, Galicia, Castilla-León, Baleares, Murcia, Canarias, La Rioja, Cantabria, Navarra. E na maioría (Senon todas) por mais de 10 puntos de diferenza.
Comunidades onde o PSOE supera o PP: Asturias, Aragón, Cataluña, Extremadura, Castilla-La Mancha e Andalucía. E 4 delas non son precisamente moi poboadas. E en Andalucía o PP conseguirá o 40 % dos votos polo menos.
Polo tanto ese 36 % de votos que lle das o PP non o vexo por ningún lado. E o 47 % dos votos o PSOE tampouco. Ten en conta unha cousa, Óscar, ti fas as contas sobre o 100 % dos votos. Ti non descontas un 5 % de votos en blanco e nulos e un 2-3 % de votos que se van en micropartidos.

Non me soa raro o de Castilla-León, por que non hai mais partidos que eses 2 alí. Pero sigo sen aceptar os resultados de hai 4 anos. Foron válidos, pero hai que collelos con pinzas cando se toman de exemplo para extrapolar resultados.

36 Oscar

Dalle coa suba do 50% en un ano.
a ver, esplícoche: o PSOE soe ter 10 puntos nas xerais ca nas municipais. Sempre.
Non son municipais, méteo na cabeza. O 30% que tuvo o PSOE en 2007 era unha subida de 4 puntos, respecto ao 26% do 2003, e ti transfórmalo nunha baixada de oito puntos. O 38% de 2004 pódese transformar nun 43% en 2008, i é unha subida de cinco puntos RESPECTO ÁS SUAS ELECCIÓNS HOMÓLOGAS DE HAI CATRO ANOS, OU SEXA AS XERAIS.
Mete na cabeza que son eleccións distintas. Marcan tendencia, pero non podes estrapolar os resultados literealmente.
Por certo, o teu argumento do voto inútil cae por un sitio moi fácil:
Resultados do BNG en:
Xerais do 2000: 18%
Xerais do 2004: 12%
Balance: baixada de seis puntos.
Autonomicas do 2001: 25%
Autonómicas de 2005: 19%
Balance: baixada de seis puntos.
¡Arredemo! se resulta que as baixadas coinciden, e nas autonómicas non houbo voto útil e nas xerais en teoría sí.
¿E non será que o BNG está a facer as cousas MAL pero non o quere recoñecer porque non teñen autocrítica e cren que son os únicos que traballan por Galiza?
O BNG tería que chorar menos e traballar máis por cada voto e quitar a Quin,Bugallo e cía que o goberno non só non o está a beneficiar senón que o perxudica electoralmente. Velaí a proba:
Municipais do 2003 (BNG na oposición): 19,8%.
Municipais do 2007 (BNG no goberno con Bugallo e Quin) 19,6%
Mentres o PSOE sube catro puntos.

35 Oscar

Eu en setembro compraba o leite a 0,62€ e agora cómproo a 0,68€. E o pan (barriña pequena) váleme 0,25€ cando en setembro custábame 0,22€. Os cereais do desaiano cómproos por 0,85€. Penso que non é para tanto o da suba dos prezos, únicamente se notou moito no leite. En calquera caso, o que penso que terían que facer era baixar o IVA; é máis, o IVA non debera existir ou debera ser simbólico para productos básicos.
Non me veñas có conto de "hai dez anos" xa que hai dez anos tamén se dicía que "hai dez anos".
Dubido moito que os vigueses pensen en Caballero cando teñen que elixir entre Zapatero e Rajoy.
O de que a economía medra para os de sempre e xa un clásico. De feito é unha das cousas que di Rajoy sobre a xestión de ZP. O conto é que o mesmo dicía ZP do goberno de Aznar. Non séi quén será peor, pero o caso é que con Aznar a vivenda subía un 17% anual. Deicide ti mesmo.
Corríxoche os datos das eleccións de 1989. O PSOE conseguiu entón 175 deputados, xusto a metade do Congreso (350), pero Herri Batasuna conseguira 4 deputados que, por suposto, non tomaron posesión do seu escano. Aínda que, por seguridade, o PSOE buscou o apoio do PNV de Ardanza durante esa lexislatura.
Respecto á distribución dos votos da que che falo. Mira, para o resultado conxunto do PSOE o fundamental non son as porcentaxes en pequenas autonomías, senón nas dúas maiores. En 2004, o PSOE só gañou en catro autonomías, pero entre elas estaban Andalucía (onde lle sacou 18 puntos ao PP) e Catalunya (onde lle sacou 25 puntos) e gañou as eleccións cunha diferencia total de 5 puntos e un 43% dos votos.
Para estas eleccións, non han ter moita baixada os socialistas cando tanto en Andalucía coma en Catalunya aínda van subir máis. En Andalucía poden pasar fácilmente do 53% ao 56% ou incluso máis, pois Zapatero é moi, moi popular en Andalucía e o PSOE-A é, simplemente, imbatible; y en Catalunya o tema do AVE non só non perxudica senón que beneficia ao PSC, que pasa do 40% ao 43% segundo La Vanguardia. Ademáis o PSOE pasará do 50% en Extremadura, e do 45% en Castela-A Mancha, Castela e León (sonaráche raro o que che digo, pero hai catro anos o PSOE sacou o 42% nese bastión do PP), en Aragón i en Asturias, e terá unha importante subida en Galiza, Canarias e Euskadi.
Mentres que o PP sacará por riba do 45% en Castela e León, Valencia, Murcia e nas cidades autónomas, e quizáis tamén en Baleares (anque o vexo difícil). O resultado que ti atribúes ao PP en Navarra é moi superior ao de hai catro anos. E Madrid non é tan preocupante. Nas xerais non é tan bastión do PP coma se podería pensar, á un feito que a maioría dos madrileños son de esquerdas.
Déixoche esto para que te informes e non confundas xerais con municipais.
http://www.elmundo.es/especiales/20...

34 Bule bule

E en Galicia, no ano 2004, a pesares do que pasou eses días o PP conseguiu o case o 47 % dos votos. Polo que según a miña porra (43 %), unha baixada de 4 puntos non e tan irreal.
No PSOE, sei perfectamente que as eleccións non son iguais. Pero o que ti pretendes de que en menos de 1 ano suba un 50 % en intención de voto, coma que non. A este paso Óscar, no 2016 conseguirá o 110 % dos votos :D
E con respecto o 2004, os do PSOE non se esperaban os resultados nin fartos de viño. Houbo unha participación do 77 %. O normal e que haxa un 67-70 % de participación. Ese 7-10 % son de xente que nunca votou, que vendo as mentiras do PP decidiron acercarse a urnas de votación. Moita xente que pensaba vota-lo BNG, polo que pasou, optaron polo voto "inútil". Os do BNG calculan que foron 50.000 persoas (2-3 % do total). Dime Óscar, cantos de este 7-10 % adicional, que nunca mais se volverán a acercar a votar, votaron o PSOE?? Cantos do bloque que ían votar a ese partido, cambiaron de repente neses días e votaron o PSOE?? Case todos. Xa ves Óscar, o PSOE conseguiu ese 38 % de votos, grazas a persoas que irán de paseo o próximo 9 de marzo, e de xente que vai a volver a vota-lo BNG.
A miña porra será irreal, pero ti colles e no PSOE lle fas subir nun ano un 50 % en intención de voto e o comparas cuns resultados de hai 4 anos, nos que entre 150.000-200.000 persoas lle deron o voto e que nunca volverán a darllo. Mais que nada por que non volverán a votar. Eu deilles o 36 % o SOE. E eu creo que son moi xeneroso.
E por último o BNG. No 2004, xa espliquei arriba, o que pasou. E conseguiu case o 12 % dos votos. Hai 4 anos, non gobernaban na xunta, tiñan a metade das alcaldías. E para moitos, era uns grandes descoñecidos. Ademáis que moitos lles deron o seu voto o PSOE de maneira puntual. Agora a situación cambiou.
Puxen un 13 %. Algo perfectamente lóxico, Óscar, que suba. E soamentes poño un 1 % (8 % en intención de voto) de subida. Se fixera as contas da vella coma ti, poñería unha suba do 6 %. :D
Recoñezo que o 3º deputado, desgraciadamente esta moi difícil, pero permíteme esa ilusión. Ademais pensa que Galicia necesita a xente que traballe no congreso, e creo que con 19 pusilánimes sen nengunha ilusión que non sexa que lles rañen detrás das orellas, é máis que suficiente. Non o cres así?? ;)