Catro homes detidos ao desarticular dous puntos negros de venda de drogas na Coruña

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/11/2022 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo, en dúas operacións policiais realizadas esta semana, a catro homes por tráfico de drogas e interviñeron nos seus domicilios diferentes sustancias estupefacientes.

Segundo informaron os axentes nun comunicado, a primeira das operacións iniciouse tras as informacións das asociacións veciñais, concluíndo na mañá do luns 28 cunha entrada e rexistro domiciliario no Camiño da Igrexa.

Así, a Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) finalizou o operativo coa detención de dous homes aos que lle interviñeron 195 papelinas de heroína, 250 euros en efectivo e básculas de precisión. Ademais, incautáronse dun coitelo de "grandes dimensións", dúas machadas e un patinete eléctrico.

Desta forma, os detidos, segundo detallaron os axentes, contaban con antecedentes por outras "especialidades delituosas", adoptaban continuas medidas de seguridade, utilizando incluso o patinete para facilitar os desprazamentos cando realizaban a repartición da droga aos seus clientes.

SEGUNDO OPERATIVO

Por outra banda, o segundo dos operativos efectuouse na mañá deste martes cando un equipo integrado por policías adscritos á Unidade de Prevención e Reacción e o Grupo de Estupefacientes Tráfico Medio, incautaron 200 gramos de sustancia estupefaciente de diferentes tipos, algunha delas "dispostas xa en doses listas para a súa venda".

No marco desta intervención, realizaron un rexistro na Rolda de Outeiro, que finalizou coa detención doutros dous homes, que contaban con antecedentes por delitos "da mesma natureza".

Entre as sustancias estupefacientes intervidas había heroína, cocaína, haxix, marihuana e tamén tres básculas de precisión. Ademais, requisaron outras ferramentas, ganzúas, unha ballesta e outras armas brancas.

Finalmente, a Policía Nacional indicou que os catro detidos foron postos a disposición xudicial, e un deles xa se atopa en prisión.

Obxectos incautados durante os operativos
Obxectos incautados durante os operativos | Fonte: Policía Nacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta