Por E.P. | A CORUÑA | 30/11/2022 | Actualizada ás 20:04
Representantes da Comisión Europea en España destacaron a campaña 'Embaixadores do Ano Europeo da Mocidade', do centro Europe Direct, dependente da Deputación da Coruña.
Puxérono, sinala a institución provincial, como "exemplo de boas prácticas na reunión anual desta rede de centros de información europea".
A reunión, que se celebra esta semana en Madrid, fomenta a aprendizaxe e o intercambio de experiencias e tamén aborda os temas prioritarios da Comisión Europea para o 2023.
Mentres, a rede de centros de información europea conta con 37 centros "que achegan información sobre asuntos europeos e fomentan a participación cidadá".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.