Galicia excede os seis millóns de turistas a poucas semanas de pechar "un ano Xacobeo espectacular"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Un "ano Xacobeo espectacular". Así definiu este venres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este 2022, no que Galicia alcanzou xa (a falta da ponte de decembro) os seis millóns de turistas e cifras marca no Camiño de Santiago.

Así o explicou o xefe do Executivo galego ante os medios de comunicación na Oficina do Peregrino de Santiago, onde chegou acompañado do presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, que percorreu o último tramo do Camiño de Santiago, como comprometera se gañaba os últimos comicios.

A Catedral de Santiago de Compostela cun foco de luz alumando a súa fachada
A Catedral de Santiago de Compostela cun foco de luz alumando a súa fachada | Fonte: César Arxina

Rueda aplaudiu os resultados turísticos de Galicia este ano, con seis millóns de visitantes cando aínda resta un mes para concluír 2022. O presidente galego considerou é estas son "cifras impensables" hai pouco tempo e cualificou de "espectacular" este segundo Ano Santo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta