Doce estudantes de Ensinos Artísticos reciben os premios Extraordinarios e de Fin de Carreira

A Xunta recoñeceu as mellores traxectorias académicas de 12 estudantes de Ensinos Artísticos, seis deles con Premios Fin de Carreira para o alumnado de Ensinos Artísticos Superiores de Música, de Deseño, de Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais; e outro seis cos Premios Extraordinarios na modalidade de Ensinos Artísticos Profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño, que finalizaron os seus estudos no curso 2021/22.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Xunta recoñeceu as mellores traxectorias académicas de 12 estudantes de Ensinos Artísticos, seis deles con Premios Fin de Carreira para o alumnado de Ensinos Artísticos Superiores de Música, de Deseño, de Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais; e outro seis cos Premios Extraordinarios na modalidade de Ensinos Artísticos Profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño, que finalizaron os seus estudos no curso 2021/22.

Segundo detallou a Xunta, no caso dos premios fin de carreira, dotados con 3.500 euros, na modalidade de arte dramática o galardón foi para Roberto Casal Mouriño (dirección escénica e dramaturxia) e na modalidade de conservación e restauración de bens culturais a galardoada foi Brianda Otero Moreira (escultura).

Na modalidade de Deseño os recoñecementos foron para Belén Cordeiro Rodríguez (gráfico), e para Claudia Figueira Caamaño (moda). Así mesmo, na modalidade de Música resultaron premiados Lucas López López e Javier Pousa Cabaleiro (interpretación), alumnos de piano e clarinete, respectivamente.

En canto aos Premios Extraordinarios de Ensinos Artísticos Profesionais, no ámbito de Música resultaron premiados Nuno Estévez Pazó (acordeón), Carla Gómez Iglesias (clarinete), e Mario Rabanal Freire (violín).

No ámbito de Artes Plásticas e Deseño os recoñecementos foron para Coralia Díaz Villares (proxectos e dirección de obras de decoración) e para Sara García Balseiro (fotografía). En Danza, o premio recaeu en Laura Sánchez Viqueira (danza clásica).

Todos eles reciben un premio de 1.000 euros, ademais dun diploma acreditativo e dunha distinción que constará nas súas certificacións académicas. Do mesmo xeito, poderán optar aos Premios Nacionais de Ensinos Artísticos Profesionais.

Estudantes asisten a unha clase na Universidade de Vigo
Estudantes asisten a unha clase na Universidade de Vigo | Fonte: UVigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta