Lugo e Pontevedra rexistran pequenos terremotos o fin de semana

Aconteceron en Guitiriz e Covelo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/12/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou varios pequenos terremotos o pasado fin de semana, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

No municipio de Guitiriz estivo o epicentro do de maior magnitude, de 3 na escala de Ritcher, que se produciu o domingo, día 4 de decembro, ás 13,21 horas e a unha profundidade de 24 quilómetros.

En Covelo produciuse outro tremor o sábado, día 3, ás 14,55 horas, neste caso de magnitude 2,2 e a 21 quilómetros de profundidade. Por baixo de magnitude 2 non son perceptibles os tremores, mentres que entre os graos 2 e 3 xeralmente tampouco.

Tremor rexistrado en Guitiriz, Lugo, o domingo 4 de decembro. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL
Tremor rexistrado en Guitiriz, Lugo, o domingo 4 de decembro. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta