O escándalo Balenciaga volve a poñer de manifesto a importancia do 'que falen mal, pero que falen'

A luxosa firma de roupa e accesorios usou a nenos con obxectos de marcado contido sexual na súa campaña para a tempada primaveira/verán 2023

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 07/12/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Nenos, xoguetes, campaña publicitaria... Todo normal ata aquí. Mais, que acontecería se a iso lle sumamos utensilios con marcada connotación sexual, arneses, pinchos, ganchos e unha cor negra macabra nos osiños de peluche que suxeitan estes pequenos? A cousa cheira mal e, sen dúbida, formaríase un auténtico escándalo mediático e social.

Campaña de Balenciaga con nenos
Campaña de Balenciaga con nenos | Fonte: Balenciaga

Pois iso foi o que aconteceu coa última campaña da firma de roupa e accesorios de luxo Balenciaga. A marca lanzou a redes uns anuncios gráficos con motivo da estrea da tempada primaveira/verán 2023 nos que aparecían nenas e nenos posando con osiños de peluche que levaban postos obxectos estilo BDSM (grupo de prácticas eróticas como Bondage, Disciplina, Dominación, Sumisión, Sadismo e Masoquismo). 

A colección de roupa como tal, que era o que se trataba de anunciar, debutou na Semana da Moda de París sen maior polémica, baixo o nove de Balenciaga Gift Shop. Mais agora incluíase nela unha liña Balenciaga Kids, polo que nos anuncios usaron a nenos. Nada pasaría se non fose porque os produtos que quixeron anunciar nada tiñan que ver con esa liña de nenos, ou ao menos non en apariencia. 

Nun entorno de seguridade como debería ser a habitación de cada un dos pequenos, decorada con cores e detalles propios da infancia, aparecían toda unha serie de elementos disonantes que captaban a atención do espectador, para mal. Se o que querían era chamar a atención, dende lo, o conseguiron. Mais non no bo sentido, o que lles está a acarrear unhas grandes perdas económicas polo momento, haberá que ver se tamén legais, e para quen. 

E é que Kim Kardashian, a maior embaixadora de Balenciaga, afirmou xa estarse replanteando a súa relación de colaboración coa firma. Afirmou sentirse desgustada e indignada ante as fotografías, mesmo chegando a falar co equipo da marca. Cabe recordar que ela apareceu en numerosas campañas publicitarias da marca, e o pasado ano na gala Met levou un traxe completo de Balenciaga, polo que a súa relación é evidente.

Campaña de Balenciaga con nenos
Campaña de Balenciaga con nenos | Fonte: Balenciaga

"Como nai de catro fillos conmocionáronme as imaxes perturbadoras. A seguridade dos nenos debe ter a máxima consideración e calqueira intento de normalizar o abuso infantil de calqueira tipo non debe ter cabida na nosa sociedade", añadiu Kim Kardashian nas súas redes sociais. 

Por outra parte, a cantante Dua Lipa posicionouse tamén en contra da firma dunha maneira máis simbólica. Durante a súa xira 'Future Nostalgia World Tour', ven utilizando jumpsuits coloridos confeccionados por Balenciaga, ao igual que as bailarinas que a acompañan. Sen embargo, na súa presentación recente, xa luce dous cambios de roupa, en ambos con jumpsuits da casa Mugler, evitando así a Balenciaga.

DESCULPAS PÚBLICAS... REAIS?

Ante semellante problemática, o director creativo de Balenciaga, Demna Gvasalia, xa se disculpou públicamente na súa conta de Instagram, dicindo que, efectivamente, "era inapropiado que os nenos promocionaran obxectos que non tiñan nada que ver con eles". Sen embargo, xustificaba o seu traballo dicindo que nas súas campañas lle gustaba provocar pensamentos. A pregunta é: pensamentos de que tipo?

Con todo, asegurou que había partes da campaña que escaparon ao seu control, desculpándose por amosar "documentos inquietantes" nunha das fotos na que parecía que se incluía un extracto dun fallo xudicial relacionado con pornografía infantil. "Tomámonos este asunto moi en serio e estamos emprendendo accións legais contra as partes responsables de crear o set e incluir elementos non aprobados para a nosa sesión de fotos da campaña de primaveira 23", dixo.

Previamente, tamén a propia firma lanzara un comunicado de desculpa. Para 'lavar' a súa imaxe tamén asegurou que colaborará con organizacións que axudan aos nenos que son vítimas deste tipo de abuso. "Disculpámonos sinceiramente por calqueira ofensa que puidese causar a nosa campaña navideña. Os nosos bolsos de peluche non deberían ter aparecido con nenos nesta campaña. Retiramos inmediatamente a campaña de todas as plataformas", como así fixeron, aínda que o mal xa está feito.

Os abogados de Balenciaga afirmaron, pola súa banda, que efectivamente se incluiron imaxes dos documentos xudiciais sen o seu consentimento. As fotografías en cuestión foron tomadas por Gabriel Galimberti, fotógrafo de National Geographic, quen tamén deu a coñecer recentemente o seu punto de vista: "Como fotógrafo só se me pediu que iluminara a escea dada, e tomara as fotos dacordo co meu estilo característico. Como de costume nun anuncio publicitario, a dirección da campaña e a elección dos obxectos mostrados non están en mans do fotógrafo", xustificou.

NON É A ÚNICA POLÉMICA XERADA POR PUBLICISTAS

O caso de Balenciaga claramente parece o típico no cal a firma busca que se fale do seu produto sen importar a que prezo. Con esta campaña tiñan asegurada a polémica, mais fóiselles das mans o seu plantexamento. E non é a primeira (nin seguramente será a última vez) na que as firmas se pasen de transgresoras para chegar a límites que en ningún caso se deberían cruzar. 

Dolce & Gabanna, outra firma de luxo, tamén se viu envolta en máis dunha ocasión na polémica. En 2007, sen ir máis lonxe, unha das súas campañas foi prohibida en varios países. No noso, concretamente, o Observatorio da Imaxen do Instituto Español da Muller acusou á marca de incitar á violencia sexual, pois no cartaz aparecía unha muller tumbada sendo maniatada por un home que a ía bicar mentres outros tres miraban. 

El Corte Inglés, coñecida cadea de supermercados española, deu que falar fai nada, xusto no remate da pandemia, cunha campaña de volta ao cole na que saían as pernas dunha nena (para que se lle visen os zapatos) sobre unha cadeira, máis non apoiadas, senón no aire, algo que moitos interpretaron como un signo de que se estaba aforcando como consecuencia da soidade que o covid provocara nos menores.

H&M, importante marca de moda sueca, lanzou un comercial no que se podía ver a un neno de cor vestido cunha sudadeira da marca, cun escrito na parte do peito que dicía: 'O mono máis xenial da selva'. A chuvia de críticas recibidas fixo que inmediatamente se eliminase a campaña de todos os establecementos. 

E que dicir da campaña que fai só uns días movilizou toda a rede, a lanzada pola Xunta para criticar que en 2022 aínda pasen cousas como que unha rapaza por ir soa en mallas pola noite a facer deporte poida verse agredida. En todas as fotografías baixo o lema 'Non debería pasar, pero pasa' a imaxe sempre se poñía sobre a vítima, como culpabilizándoa, algo que non deixou indiferente a ninguén. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta