Os empregados públicos galegos poderán acceder a case 38.000 prazas de cursos de formación en 2023

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A Xunta convocará ao longo de 2023 un total de 37.872 prazas en cursos formativos dirixidos ao persoal empregado da Administración autonómica, das entidades locais e doutros organismos públicos. A programación prevista para o próximo ano contará con 727 edicións e terá contidos innovadoras cun carácter "estratéxico".

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, presentan o plan formativo de empregados públicos de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, presentan o plan formativo de empregados públicos de 2023 | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o destacaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, na presentación deste plan formativo que en 2023 continuará a tendencia de xeneralizar as opcións 'en liña'.

Ademais de incidir na teleformación, a autoformación e a telepresencia, a Xunta incrementará este próximo ano os cursos de idiomas para os seus empregados públicos, con novos niveis de italiano e portugués, así como con cursos de conversación e gramática en francés e redacción en inglés.

O plan do próximo ano incrementa ata as 2.264 as prazas de formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, con novos contidos como a atención a mulleres e nenas con capacidade, trata de seres humanos con fins de explotación sexual e os delitos de odio por orientación sexual e identidade de xénero, entre outros.

A oferta presentada este martes completarase en 2023 con cursos superiores, monográficos, xornadas e seminarios web sobre diversas materias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta