Critican a Barreiro Rivas por impartir un “curso de ética” tras ser condenado por prevaricación

O “Curso de Ética Pública para empregados publicos” está organizado pola Xunta e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que hai unha semana lle concedeu o premio do ano ao ex político popular.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/11/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

“Os límites da decencia, que hai tempo que foron saltados por este goberno, quedan xa a tanta distancia de Feijoo e o seu goberno, que o pudor lles é alleo”. Así comeza un comunicado da CIG-Autonómica con críticas moi duras contra o Executivo de Feijóo por contratar ao ex vicepresidente da Xunta con Albor e agora politólogo e columnista de La Voz de Galicia, Xosé Luis Barreiro para impartir un “curso de ética”.

José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey
José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey | Fonte: lamoncloa.es

Precisamente este “curso de Ética Pública para empregados públicos” está organizado conxuntamente pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, vinculada a La Voz de Galicia, e a Xunta, a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) De feito, Barreiro foi o galardoado este ano co premio desta fundación en presencia do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy.

A conferencia do politólogo e ex político versará sobre os compoñentes éticos, políticos e xurídicos dunha sociedade limpa de corrupción. E é isto, precisamente, o que critican desde CIG-Autonómica ao lembrar que Barreiro Rivas foi un dos primeiros políticos galegos condenados por prevaricación e que o Tribunal Supremo condenou a 6 anos de inhabilitación especial para cargos públicos.

“Non se pon en cuestión a competencia técnica desta persoa, senón a incompatibilidade moral que produce o feito de ter sido condenado por un delito contra a Administración Pública nun dos supostos máis graves, a prevaricación, e participar de ponente nun curso sobre ética dos empregados/as públicos/as. Barreiro pode ser obxecto, pero non suxeito da charla!”, apunta este sindicato nun comunicado no que responsabiliza a Xunta por contratalo.

Entre as materias deste curso están a importancia e prioridade das medidas preventivas na loita contra a corrupción, delitos de malversación e de fraudes á Administración, delitos sobre a ordenación do territorio e o urbanismo, os compoñentes éticos, políticos e xurídicos dunha sociedade limpa, a dialéctica entre sistema e baleiro en tempos de crise, delitos de prevaricación e de negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos, reflexións sobre a eficacia da actuación xudicial contra a corrupción, delitos de suborno e tráfico de influencias e comportamentos corruptos: da tolerancia á prevención.

Nas xornadas tamén participarán o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, que incidirá nas medidas preventivas na loita contra a corrupción e o catedrático de Dereito Penal Enrique Orts Berenguer, cunha conferencia que versará sobre delitos de malversación e de fraudes á Administración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

9 Inma Lacalle

Barreiro é o menos indicado para dar leçoes de ética na politica...no pessoal, um que anda ao seu, arrimado sempre ao poder de quenda: há um tempo alavando a Quintana e agora babeando por dom Alberto Nuñez, cónsul de Madrid em Galiza.

8 Rafa C

Tratándose de Barreiro Rivas, o do "premio do ano" supoño que faría referencia ao orificio situado na parte final do recto, non ao espazo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta enteira arredor do Sol.

7 Doutor Moreno

Barreiro: antes f.a.c.h.a e jallejista e agora f.a.c.h.a e españolista!!!! (facendo tamdem con Kanijoblancotorres).....Só falta que se matriculen, para dar-lle pedigree: Ferrin (premio Fdez. Latorre: recollido sen rubor), Beiras (asistente aos saraos da Coz antes do marcapasos), Garcia-Preto (tertuliana a soldo da de Via-Coz e RG) ou Vence (asíduo ás convencións mais casposas do pais: Chorreogallego, Coz,...). Pais de Tiralevitas!!!.

6 Raul

O raposo gardando as galiñas.

5 freixomil

Barreiro foi de AP, logo chegou a ser socio do PsoE e despois exerceu de defensor do Bloque de Quintana, e agora voltou ao PP. Todo un especialista en corrupcion, en prevaricar e en asubiar dando leccions aos demais. E ainda hai quen pensa que PPsoE e Bloque de dereitas non son iguais! As hemerotecas conservan as provas: Barreiro, o falabarato do sistema politico galego que foi amigo de toda a casta!