Sanidade, emprego e educación, os principais problemas e preocupacións en Galicia

As queixas á valedora do Pobo crecen en 2022 e superan as 20.000, coa sanidade entre principais problemáticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo tramitou máis de 20.000 queixas en 2022, 4.634 individuais e 16.122 colectivas, o que supón un incremento significativo fronte a 2021 --cando houbo 3.936 individuais e 10.736 colectivas--.

Nun comunicado, esta institución realiza un balance dun ano no que rexistrou "unhas elevadas cifras en relación cos anos anteriores", xa que "se incrementaron notablemente as actuacións de atención á cidadanía, tanto presencial como telefónica". As áreas con máis actividade son sanidade, educación, emprego público, inclusión social, medio ambiente e corporacións locais.

Paralelamente, a valedora do Pobo realizou 91 actuacións de oficio ao longo do ano en temáticas como peche de oficinas bancarias, a recuperación da atención presencial á cidadanía en administracións públicas, así como as situacións de tutela de dereitos humanos, tales como a falta de prazas en centros de día, atrasos en dependencia ou o reconomiciento da discapacidade.

Tamén xeraron queixas de oficio o afundimento da pesqueiro 'Villa de Pitanxo', a acollida de refuxiados de Ucraína, o funcionamento de comercializadoras e distribuidoras de enerxía eléctrica, a lista de espera cirúrxica, a vulneración de dereitos dun paciente psiquiátrico ou a terapia con protones no tratamento dos procesos tumorales da infancia.

No tocante ás resolucións formuladas ás distintas administracións públicas mediante recomendacións, suxestións ou recordatorios de deberes legais, alcanzaron o maior número da serie histórica, un total de 506 resolucións, cunha elevada porcentaxe de aceptación polas administracións ás que se dirixe esta institución.

Exterior do edificio do Valedor do Pobo
Exterior do edificio do Valedor do Pobo | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

20.000 Queixas e 506 Resolucións das que 125 igual chegaron a satisfacer ao reclamante ? Fartos de burocracia inoperante e dilatoria... esta debe ser a Política da Cunquiña ?