Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 12:52
O Instituto para a Transición Xusta publicou as bases que rexerán as dúas novas convocatorias do Goberno de axudas por importe de 50 millóns para impulsar proxectos empresariais nos concellos das zonas de transición xusta.
Así o informa a Delegación do Goberno en Galicia, cuxo máximo responsable, José Miñones, anima aos interesados e interesadas a consultar as bases destas axudas, que xa saíron publicadas no BOE do pasado 16 de decembro.
E tamén a preparar os proxectos ante a próxima apertura do prazo de solicitudes "que estimamos ábranse a principios deste 2023", avanza. Tamén lembrou que o Goberno dispón nas Pontes dunha Oficina de Transición Xusta para asesorar na presentación das solicitudes.
Estas convocatorias dependen do Instituto para a Transición Xusta (ITJ), organismo autónomo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).
José Miñones subliña que suporán un novo impulso para os 19 concellos incluídos nas dúas zonas de Galicia afectadas polos procesos de peche de centrais térmicas: Meirama (concellos de Cerdeda, Ordes, Carral, Tordoia e A Laracha) e As Pontes (As Pontes, A Capela, Xermade, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Vilalba, Cabanas, Ortigueira, Muras e Ferrol).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.