Aparece en perfecto estado unha surfeira que crían perdida na praia da Lanzada

A alerta produciuse sobre as 11:30 e minutos antes das 12 xa aparecera

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/01/2023 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias e as forzas e corpos de seguridade activaron un operativo no mediodía deste xoves para localizar a unha surfeira que se cría perdida na praia da Lanzada, no Grove (Pontevedra), pero que ao intre aparecía en bo estado.

Segundo as fontes consultadas por Europa Press, a primeira chamada de alerta produciuse sobre as 11,30 horas, cando unha compañeira da surfeira chamaba ao 112 para alertar de que facía intre que non a vía.

Por iso, solicitaba a intervención dos servizos de emerxencias. Seguidamente, o 112 avisou a Salvamento Marítimo, á Policía Local de Sanxenxo, ao GES do mesmo municipio, a Gardacostas, á Garda Civil e a Protección Civil do Grove. De feito, por parte de Salvamento Marítimo, chegouse a enviar o helicóptero 'Helimer 211' e a salvamar 'Sargadelos' para tentar localizar á muller.

Con todo, minutos antes das 12,00 do mediodía, a central do 112 recibía a chamada da Policía Local de Sanxenxo para avisar de que a surfeira xa aparecera sa e salva no outro extremo da praia.

Praia da Lanzada
Praia da Lanzada | Fonte: Turismo Rías Baixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta