Piden 10 anos de cárcere para tres acusados de transportar droga desde Vilanova para vender en Barcelona

A Audiencia de Pontevedra tamén xulga esta semana a outros tres investigados por delitos contra a saúde pública.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 09/01/2023 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro xoves, día 12 de xaneiro, a tres acusados de transportar droga desde Vilanova de Arousa para vender na provincia de Barcelona.

O caso procede do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía e para eles Fiscalía solicita ata 10 anos de cárcere pola suposta comisión dun delito contra a saúde pública referido a sustancias que causan grave dano á saúde, ademais doutro delito de integración en grupo criminal.

No seu escrito, o Ministerio público explica que os tres acusados organizáronse para asumir diferentes tarefas dentro do grupo, co obxectivo de adquirir, manipular, transportar e comercializar diferentes partidas de cocaína desde a localidade pontevedresa ata Barcelona.

VENDA DE DROGA

Pola súa banda, tamén esta semana xulgarase a outro tres acusados de delitos contra a saúde pública. En concreto, dous deles serán xulgados este martes pola sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra tras ser interceptados na AP-9 ao seu paso por Vilaboa con case 700 gramos de resina de cannabis no vehículo.

Detidas dúas persoas en Narón por transportar catro quilos de heroína desde Madrid nun vehículo caleteado para transportar droga
Detidas dúas persoas en Narón por transportar catro quilos de heroína desde Madrid nun vehículo caleteado para transportar droga | Fonte: Policía Nacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta