O MGS reivindica unha "vía galega" para a "independencia e o socialismo" en Galicia

Este partido rexeita o actual modelo autonómico polas súas "consecuencias terríbeis" para os traballadores. Destaca que nestes cinco anos as súas responsabilidades "aumentaron" e son "moito máis importantes" no BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/12/2014 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Integrantes da dirección do Movemento Galego ao Socialismo
Integrantes da dirección do Movemento Galego ao Socialismo

Precisamente, un dos puntos que o MGS analizará neste encontro é a actual situación na que se atopa o país e a aposta do MGS por unha "vía galega á independencia e ao socialismo porque nin a refomulación do Estado, nin a humanización do capitalismo son posíbeis", segundo Suso Vilar, un dos seus dirixentes e concelleiro en Santiago.

"Constatamos que a análise tradicional do soberanismo galego sobre o modelo autonómico verificouse na realidade e no paso do tempo: non serve para afirmar os nosos intereses, senón para prolongar unha subordinación política e económica con consecuencias terríbeis para o pobo traballador", apuntou a este respecto Noa Presas, tamén da dirección deste colectivo.

Por iso, o MGS abordará a crise estrutural do capitalismo. "Non podíamos pasar por alto a crise económica, política e de lexitimidade aberta no Estado Español, marcada por unha intensa regresión social e un retroceso evidente en dereitos e liberdades, no que se acentuan os trazos propios dun réxime estruturalmente corrupto", engadiu.

Esta cita política ten lugar cinco anos despois da formación do MGS e dous anos despois da I Asemblea Nacional, que tivo carácter constituínte. A este respecto, Rafa Vilar salientou que "esta nova Asemblea representa un novo paso nun proceso progresivo de afirmación e consolidación, e ten como novidade a definición polo miúdo dun programa político de referencia, concibido con carácter estratéxico".

Lembrou que ao longo destes cinco anos, "foi crecendo o noso papel na vida política e social do país, e tamén foron aumentando as nosas responsabilidades, hoxe moito mais importantes no BNG, no sindicalismo nacionalista e de clase e nos movementos sociais".

A Asembela rematará cun acto aberto de clausura, que comezará ás 7 da tarde no Pazo da Cultura de Pontevedra. Intervirán dous representantes do MGS para expor as conclusíóns da Asemblea, membros dalgunhas das numerosas organizacións internacionais -en concreto Sortu de Euskal Herria e as CUP dos Paisos Catalans-, e o Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence

O MGS naceu en 2009, mais a súa orixe remontase ao Movemento pola Base, un grupo que se excindiu da UPG en 2006. Fai cinco anos o MpB sufriu outra escisión; o grupo orixinal abandonou o BNG, mentres que outro grupo fundou o Movemento Galego ao Socialismo e decidiu ficar dentro da organización frontista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

1 undamariña

agora xà son setes afiliados, xà teñen responsabilidade de goberno, xà nos van a sacar da escravitude........flipados son o que son. Non os votan nen os da casa un saùdo e sguide soñando

1 Ama

Ti si que non te enteras de nada, MGS, e unha organización política das varias que forman parte do BNG, unha cornete do BNG. Non aspiran a nada mais que a ayudar a facer país, ti como demócrata deberías de alegrarte, claro que seguro que eres da CASTA da Caspa.

2 Uninciso

Ama: O MGS non é máis que unha axencia de colocación de vividores e parasitos

3 undamariña

xà vexo os postos de traballo que creades en galicia, debedes de aportar un punto do p.i.b.pero de seguro que algunha subvencion chupades .Vòs sì que sodes da casta tamèn , eu son un traballador neto de labregos , que levo traballado moito e naide me deu nada, votei toda a vida BNG, ata que fun a tres manifestacions en Santiago e vin como era por dentro, unha banda de sindicalistas liberados, mestres folgazans......etc etc,en fin unha casta mais coma o ppsoe

4 nonsabia

Todos os do MGS son liberados?. Que ben o disimulan, por que todos os que coñezo de Pontevedra e Ourense están no paro ou na emigración. Agardo que digades o mesmo dos liberados de partidos comunistas europeos ou do cubano.