Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2023 | Actualizada ás 13:36
A Fundación Franz Weber reclamou á Xunta cambios normativos para evitar o uso de animais en espectáculos como as cabalgatas. Sobre as mesmas, afirma que "tan só o 0,95% dos concellos apostou polo uso de dromedarios e renos como parte dos seus desfiles do Nadal.
"Unicamente Ourense, O Porriño e Moaña decidiron realizar as cabalgatas con animais en contra da tendencia maioritaria: decenas de localidades que aposta por cabalgatas éticas", sinala nun comunicado.
Tamén incide en que "a polémica sobre o emprego de animais e a contratación por varios miles de euros destes espectáculos a empresas que proveñen de fóra de Galicia motivou mocións, como o caso de Ourense, e numerosas protestas tanto de colectivos como de particulares".
Ademais, lembra que no seu caso iniciou unha campaña "para reclamar unha Galicia libre destes espectáculos, de acordo coa crecente conciencia cidadá e os bos resultados de asistencia que congregan as cabalgatas que renuncian ao uso de animais".
Tamén alude a unha recollida de firmas na plataforma change.org "para que administracións como a Xunta de Galicia desenvolvan os cambios normativos necesarios que impidan o uso de animais en espectáculos públicos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.