A Xunta destina os fondos Covid da UE para realizar sendas e beirarrúas

A Axencia Galega de Infraestruturas utiliza millóns de euros do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, para fins que pouco teñen cos efectos do coronavirus, principalmente, en sendas ebeirarrúas, pero tamén en infraestrutura baseadas en tecnoloxías cuánticas da información.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/01/2023 | Actualizada ás 22:28

Comparte esta noticia

A pandemia da Covid trouxo mortes e penuria económica. Unha situación que a UE tentou resolver proporcionando financiamento adicional a través dos fondos REACT-EU dende 2020 a 2022 para os actuais programas de cohesión 2014- 2020 no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo Social Europeo, así como para o Fondo de Axuda Europea ás Persoas máis Desfavorecidas. Foron 10.000 millóns de euros que recibiu neste concepto o Estado, dos que arredor de 400 foron destinados a Galicia.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visita Ourense pola licitación de dúas sendas peonís. XUNTA
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visita Ourense pola licitación de dúas sendas peonís. XUNTA

De xeito excepcional, a UE distribuíu estes fondos a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE), o Fondo Europeo de Axuda ás Persoas máis Desfavorecidas (FEAD), así como a Iniciativa de Emprego Xuvenil (IEJ). Tamén poden financiarse con eles medidas de asistencia técnica.  No caso de Galicia, o programa operativo FEDER 14-20 modificouse para incluír 305 M€ de REACT-EU e o programa operativo FSE 14-20 de Galicia, pola súa banda, foi modificado para incluír 91M€ destinados a apoio para o acceso ao mercado de traballo, a creación de postos de traballo e o emprego de calidade.

No caso dos REACT-EU e o programa operativo FSE 14-20 de Galicia os fondos están destinados a fomento da investigación e innovación sanitaria (9,5%), apoio a investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital (24,1%), apoio ás pemes en sectores cun elevado potencial de creación de emprego e apoio a sectores especialmente afectados pola crise da Covid-19 (7,8% e 6,6%, respectivamente), apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde (24,0%), apoio aos investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns, especialmente no ámbito sanitario (24,8%) e asistencia técnica (3,1%).

E A ONDE VAI ESE DIÑEIRO?

E para que destina Galicia estes fondos?. Pois se se fai unha busca dos proxectos nos que a Xunta utiliza parte destes fondos atopamos que parte deles van para fins que pouco teñen que ver co fins das axudas, entre eles, a realización de sendas peonís. Así, a Axencia Galega de Infraestruturas utilizará 1,1 milóns destas axudas para realizar sendas peonís na AC-131 entre Peteiro e O Baño (Mugardos) cun custe de 534.668,54 euros; a beirarrúa na PO-315 no treito: Beluso-A Chadiza que custará 327.617,64 euros e a senda na AC-524 (concello de Frades) por 241.008,09 euros. Curiosamente, a Xunta non utiliza estes fondos para a redefinición itinerario peonil e ciclista na AC-552 no treito: Pastoriza-Vilarrodís cun custe de 118.542,33 euros.

 

Pero o Goberno galego tamén utiliza esta subvención para o suministro de equipamiento electromédico con destino ás áreas reformadas correspondentes á fase 0 del Plan Director do Hospital Universitario A Coruña por 302.450,51 euros ou a proxectos de moita máis envergadura. Entre eles, a contratación do despregamento e posta en servizo da rede galega da internet das cousas (iCousas), para a autoprestación de servizos de comunicación en Galicia por 1.121.773,14 euros ou a subministración dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información. Un proxecto do Cesga cun custe de 13.915.000,00 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta