Arquivada a querela por acoso laboral contra un ex-edil nacionalista de Ourense

O Tribunal entende que non se puideron acreditar na conduta de Fernando Varela "elementos de acoso laboral cara ao denunciante, ao non poñerse de manifesto ningunha actitude vexatoria ou degradante".

Por Galicia Confidencial | Ourense | 10/12/2014 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O ex-edil do BNG de Ourense Fernando Varela, non terá que responder xa por presunto acoso laboral en relación coa organización de Protección Civil durante a etapa do goberno bipartito PSdeG-BNG nesta cidade.Varela presentara a súa dimisión en setembro de 2012 tras verse salpicado tamén na investigación da operación Pokémon, acusado de presunto tráfico de influencias e suborno.

Fernando Varela, ex concelleiro do BNG de Ourense (BNG)
Fernando Varela, ex concelleiro do BNG de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Sobre o querela por acoso laboral presentada por un traballador, o Xulgado de instrución número dous de Ourense acordou o seu sobresemento e arquivo e, nun auto, esgrime que non se puideron acreditar na súa conduta "elementos de acoso laboral cara ao denunciante, ao non poñerse de manifesto ningunha actitude vexatoria ou degradante".

O escrito apunta que houbo simples acordos verbais de distribución e asignación no traballo, “os cales atopan a súa vía de recurso na vía administrativa ou laboral e non na penal". Tampouco advirte relación algunha do querelado na redacción da relación de postos de traballo.

Na súa denuncia, o empregado municipal alegou sentirse prexudicado pola organización das funcións, que lle restaba competencias e atribucións, á parte de cambiarlle o centro efectivo de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 salomon

seguro que o funcionario era do pp... Partido da Persecución Politica.... o que non poden gañar nas eleccions o queren gañar doutros son todo obscuras manobras peperias