A Fundació Francisco Franco podería ser ilegalizada

Bolaños ve "unha posibilidade" para ilegalizala e anuncia un próximo acordo para exhumar a Primo de Rivera.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 25/01/2023 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, asegurou hoxe que é unha posibilidade ilegalizar a Fundación Franco se exalta ao ditador como din os seus estatutos e anuncia un próximo acordo coa familia para exhumar os restos de Primo de Rivera do Valle de los Caídos.

O titular de Presidencia realizou estas afirmacións durante a súa intervención nos Almorzos Informativos de Europa Press onde non descartou que se poida ilegalizar á Fundación Franco en aplicación da Lei de Memoria Democrática: "É unha posibilidade ilegalizala". Bolaños defendeu esta norma destacando que se está empezando a implementar e defendeuna ao entender que en España había unha "anomalía" ata que se aprobou.

Trátase, segundo dixo, un "salto de calidade democrática", aínda que cre que chegou moi tarde porque cada vez quedan menos vítimas da ditadura e a represión. Pero destacou o feito de que fillos e netos destas poidan recuperar os restos e dar unha "sepultura digna".

E entre as tarefas que teñen por diante na aplicación da nova norma, explicou que está a Fundación Franco. "Se esta fundación, que ten os seus estatutos, o que fai é enaltecer a un ditador haberá que aplicar a lei e terá as consecuencias que correspondan", aseverou.

En canto á exhumación dos restos de José Antonio Primo de Rivera do Valle de los Caídos explicou que o Goberno está en "conversacións moi avanzadas coa familia" e espera que esas conversacións teñan resultado "ben pronto". No entanto, non quixo ir máis aló alegando que a familia pediu discreción e vaino a respectar. "Espero que moi pronto podamos da man da propia familia facer un anuncio", remachou.

Francisco Franco, ditador de España
Francisco Franco, ditador de España | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta