Encontran un home morto na súa casa do Barco da que saía fume

As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/01/2023 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Unha muller atopou falecido a un home no salón da súa casa, na que había fume, situada no municipio ourensán do Barco de Valdeorras.

Segundo informa o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu a alerta sobre as 13,00 horas do mediodía a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tal e como indicaba este servizo, a coidadora do home atopouno morto no salón da vivenda, situada na rúa da Loura. Ademais, a muller deu conta dunhas cadeiras calcinadas, pero sinalou que, cando chegou ao lugar, xa non ardía nada.

Así, tras recibir o aviso, o 112 solicitou a intervención do GES de Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil, que se desprazou até o lugar. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta