Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 17:22
A Audiencia Provincial de Lugo rebaixou as penas a catro condenados por delitos sexuais, en aplicación da nova lei do 'só si é si', segundo os autos facilitados este venres polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Nun dos casos, os maxistrados fixaron en nove anos e tres meses anos de cárcere, en lugar de en 12 anos, a condena a un autor de tres delitos de agresión sexual e dous delitos de violación, cometidos en Lugo entre 2013 e 2015.
Os maxistrados, noutro dos autos, acordaron que se lle impoñan catro anos, en lugar de seis, a un instalador de fibra óptica que en 2016 violou a unha muller no cuarto de contadores do seu domicilio en Lugo.
Deste xeito, a Audiencia Provincial de Lugo rebaixou de doce a once anos de cárcere a condena imposta a un home que violou á súa exparella nunha zona axardinada do campus universitario de Santiago en 2006.
Así, en lugar de cinco anos de cárcere, os maxistrados decidiron impóñanselle catro anos e medio de prisión, no canto de cinco anos, a un condenado por un delito continuado de abuso sexual un menor, que no momento dos feitos tiña 13 anos, con acceso carnal.
QUINTA REBAIXA
Así mesmo, a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, tamén rebaixou de dez a nove anos de prisión a pena imposta a un condenado por abuso sexual a menor co que tiña "un forte vínculo afectivo, próximo ao de avó e neto".
O auto indica que os feitos tiveron lugar en 2016, cando o menor tiña 9 anos. Así, o tribunal asegura que, tras a entrada en vigor da reforma "aplicando a mesma determinación da pena que fixo a sentenza, a pena que procedería será a de nove anos".
MÁIS DE 38 REBAIXAS DE CONDENAS
Desde a entrada en vigor da Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, as audiencias provinciais galegas e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisaron e emitiron polo menos 72 decisións --tanto revisións de penas xa impostas como recursos-- referidas a condenas.
Delas, polo menos 38 supuxeron unha rebaixa da pena dos delincuentes, mentres que no resto de ocasións, unhas 34, mantidas as condenas porque a Lei do só si é si suporía que o xuízo se saldaría cunha pena maior que na que se puxo no seu momento. Aínda que non transcenden desde as audiencias todas as peticións, tal e como aclararon fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.