Que pasa con Rajoy?

O líder do PP está nunha situación complicada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/03/2008 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

En Galicia non queren abrir este debate polo momento. Rajoy é galego, ten moita amistade con xente do Partido Popular de Galicia, incluidos o seu presidente e secretario xeral. Por iso, a dirección dos populares galegos defende a súa continuidade pero aconsellan que se abra a novos sectores, especialmente, os que representan os sentimentos centristas e autonomistas.

O principal problema ao que se enfrenta Rajoy agora son os medios de comunicación que tanto alentou como líder da oposición.  El Mundo, por exemplo, pide hoxe no seu editorial unha renovación en toda regra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

27 Oscar

Iso xa é historia. ZP non descualificou ao PP ata a campaña, que é cando o tén que facer. I eu votéi para o presidente Zapatero, non para Felipe González que xa é historia e non pinta nada no PSOE.

26 johnny guitar

Xa, é que neste país só descualifica o PP. Lembro aquelo de "Anguita y Aznar, misma mierda es", que dixo o mesmísimo Felipe nun mitin cuando pensaba que ninguén lle estaba gravando... Se é que ao final os que non usamos o cerebro, xa se sabe.

25 Oscar

Mira, eu estou de acordo contigo en que non se constrúe unha sociedade descualificando, pero xusto por iso non podo votar ao PP. E se a ti non che gusta a descualificación, non te entendo. Contradiste. Pero a verdade é que, coma ti ben dis, estás no teu dereito e non vou intentar convencerte, xa o pensarás por ti mesmo.

24 johnny guitar

Verás, Óscar, isto non é unha disquisición sobre quen é mellor ou peor, eso é o que ti fas e ademais dende a postura inamobible de que o PSOE é o mellor e os da merda do PP somos catetos (non esaxero, ti o dixeches). Isto é unha puntualización sobre a túa falta de tolerancia, sobre o teu complexo de superioridade (política, claro).
É por iso que non vou entrar en facer máis listiñas. Políticos merdáns hainos en todas partes, ninguén se libra deles. Evidentemente que non podo alegrarme de moitos dos personaxes que hai no PP (especialmente que había e algúns aínda hai en Galicia), pero non imos facer aquí competencia de quen ten aos peores.
Xa que me preguntas, vouche explicar unha cousa. Voto ao PP porque, como dixo o poeta, quero, me peta e dame a gana. Ninguén é quen de proibirmo, de momento, e menos de pensar que está máis lexitimado ca min por votar a outra forza política en democracia.
Dis que a ti che gusta como fai as cousas Zapatero. Pois a min non. Tan fácil como eso. Iso non quere dicir que comulgue ao cen por cento co PP (o contrario sería sectarismo á bulgara, creo eu).
Non vou defender a acción do PP en moitas cousas nas que se equivocou, pero tampouco vou tragar con rodas de muíño co PSOE porque ti mo digas. Son libre, repítoche, e moito nos costou como para que agora me digan que non podo ter a miña propia opinión.
A min a extrema dereita me da noxo, tes razón, pero exactamente igual que a extrema esquerda. Pero do mesmo xeito que ti criticas o runrún de que "España se rompe" do PP, eu podo criticar o teu runrún de que "o PP é a extrema dereita". Para min non o é.
E simplemente che poño como exemplo os casos que gabei do Goberno Zapatero:
1. Matrimonios homosexuais: o PP incluía no seu programa en 2004 o recoñecemento dos seus dereitos, e votou en contra porque non aceptou a palabra "matrimonio".
2. Divorcio express: o programa do PP de 2004 falaba de simplificar os trámites dos divorcios e as separacións, e ademais votou en favor desta lei (supoño que sería por ser de extrema dereita).
3. Cooperación ao desenvolvemento: o PP prometera aumentar significativamente as partidas de axudas ao desenvolvemento de países do terceiro mundo.

Supoño que agora me farás unha listiña das cousas polas que dis que o PP é de extrema dereita, pero é que a min me dá igual. Eu non creo que o sexa, aínda que admita que virou cara a dereita dende 1996.
E ademais, repítocho, estamos nun país libre no que podemos votar a quen nos pete, sempre e cando sexa un partido democrático, e supoño que non terás as narices de discutir que o PP é democrático, porque entón, apaga e vámonos.
Podes dicirme mil cousas marabillosas do PSOE, todo o que fixeron e van facer, pero a min non me convencen. Tes que entender que estou no meu dereito, do mesmo xeito que se eu intentase convencerte a ti de que o PP é o millorciño, tampouco me darías a razón.
Pero falando civilizadamente se poden discutir posturas, ideas e políticas. Descualificando, insultando e chamando ao desterro dos que non pensan coma ti, non é como se fai unha sociedade, e moito menos creo que vaia coas ideas pacifistas que propugna o teu (e meu tamén, aínda que non o vote) presidente.
A política non é cuantificar, a política non é exhibir fariseicamente unhas cores, a política non é crer como dogmas de fe o que din os líderes do teu partido, a política non é insultar e descualificar.
Para min a política a defensa dunha ideoloxía e unha forma de concebir a sociedade dende o respecto aos que pensan distinto.
Eu teño a conciencia tranquila co que penso e fago, e non me considero nin fascista nin de extrema dereita. E coma min, moitísima xente neste país. Porque a min dame tanto noxo unha vella chamándolle "maricón" a Zerolo como un perroflauta chamándolle "asasino" a Rajoy. E sinceiramente, véxote a ti máis perto do perroflauta que a min da vella. Un saúdo cordial.

23 Oscar

Son o primeiro en recoñecer que no PP hai políticos de altura, entre eses os tres que ti citas, ademáis podería citarche aquí en Galiza a Cabezas coma un gran político, e tamén en España á alcaldesa de Cádiz, Teófila Martínez, e ao alcalde de Málaga, Francisco de la Torre, á alcaldesa de Marbella, Ángeles Muñoz, e aon portavoz no Senado Pío García-Escudero.
Pero falando de personaxes dos que a ti non che gustan no PSOE (das unha lista "Largos Caballeros, Roldanes, Barrionuevos, Veras, Pepiños Blancos, Abeles Caballeros, Orozcos, Magdalenas Alvarez, Almunias, Rubalcabas,… " podería citarche un do PP que supera aos da lista en mezquindade e dos que a ti tampouco che gustarían.
Pero eu votei a Zapatero, porque cós seus máis e os seus menos, gústame como fan as cousas. E a ti, polo que contas, case parece darche máis noxo a extrema do PP que a min; a miña pregunta é, ¿por qué votas ao PP?