"Si hai Saída" piden cambio na lei do "só si é si": "Non entendemos esa postura soberbia negada ao diálogo"

Cre que a lei do 'só si é si' deixa "claramente desprotexidas" ás mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A presidenta da asociación contra a violencia machista 'Si Hai Saída', Marta Rodríguez Engroba, asegurou que a lei do 'só si é si' deixa ás mulleres "claramente desprotexidas", polo que demandou a súa rectificación.

En declaracións aos medios este venres, a responsable do colectivo cualificou de "imperdoable" e "inxustificable" que os efectos da lei, con reducións de condenas a agresores sexuais, leva ás víctimas "a vivir no terro de novo". "Estamos a asistir a un espectáculo lamentable, dunha tira e afrouxa entre políticos onde ás últimas que teñen en conta é ás vítimas", remarcou.

"Non entendemos esa postura soberbia, prepotente, negada ao diálogo, sen que haxa autocrítica, esquecéndonos que falamos de mulleres que, de novo, terán que revivir a súa traxedia. Polo visto, non importa a revictimización", lamentou a activista.

Neste sentido, cre que é necesario "revisar e modificar" os aspectos que "non están a funcionar" dunha lei da que tamén ve difícil aplicar o fondo do consentimento. "Non é tan fácil de demostrar. Non esquezamos que as relacións sexuais, salvo contadísimas excepcións, prodúcense nun ámbito moi privado. Non é fácil demostrar que si é si, é moi complicado", alertou.

A ministra de Igualdade, Irene Montero
A ministra de Igualdade, Irene Montero | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta