Piden oito anos de cárcere para un home por agresión sexual a unha persoa discapacitada

Reclama 8.000 euros como indemnización para a vítima

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide oito anos de cárcere para un home acusado dun delito de agresión sexual a unha persoa vulnerable por discapacidade, outro nove meses por un delito de malos tratos de xénero e un ano de prisión por un delito continuado de quebrantamento de medida cautelar.

O caso, que procede do Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña, xulgarase a porta pechada na sección 1ª da Audiencia Provincial o vindeiro luns ás 9,45 horas a porta pechada. O Ministerio Público solicita para o acusado a prohibición de comunicarse coa vítima ou aproximarse a ela a menos de 800 metros, así como de comunicarse con ela por calquera medio durante 12 anos.

En concepto de responsabilidade civil, o fiscal reclama 8.000 euros como indemnización para a vítima, a través da súa representación legal, polos prexuízos causados e ao SERGAS na contía que se determine en execución da sentenza pola asistencia médica prestada no servizo de urxencias. Os feitos sucederon de abril a xuño de 2019.

Vehículos da Policía Local de Vigo
Vehículos da Policía Local de Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta