Mònica Bernabé, Marcos Méndez e Reporteiros Sen Fronteiras, candidaturas ao 'XIX Premio Couso'

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 02/03/2023 | Actualizada ás 22:36

Comparte esta noticia

Tres candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello ferrolán na súa novena edición.

Segundo informa o Colexio de Xornalistas, as candidaturas son as de Mònica Bernabé, xornalista destacada polo seu traballo en Afganistán; Marcos Méndez, freelance nado en Lugo que cobre a guerra de Ucraína en galego; e Reporteiros Sen Fronteiras, a ONG internacional de orixe francesa que defende a liberdade de prensa.

Os candidatos, que se distinguen polo seu defensa da liberdade de prensa, foron propostos polos colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol ou por entidades e persoas relacionadas coa comunicación.

Agora ábrese o prazo para elixir a candidatura gañadora, para o que poderán votar todos os colexiados do CPXG e asociados do Club de Prensa de Ferrol ata as 14,00 horas do 31 de marzo.

José Couso
José Couso | Fonte: Cedida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta